Rueda tras o acordo cos médicos: "Seguimos unha folla de ruta... as cousas resolvense falando"

Avisa que, por agora, manterase a prohibición para que os médicos que compatibilizan a pública e a privada non cobren o complemento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/04/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosouse satisfeito tras o acordo que chegaron a última hora do xoves o Sergas e representantes do CESM, o único sindicato que mantiña a folga deste colectivo. Un acordo que puxo fin, precisamente a esta protesta tras acordar as dúas partes incentivos económicos para estes profesionais. "É unha boa nova e está na folla de ruta que seguimos en sanidade para facer melloras de tipo material e tamén nas condicións de sanitarios, e subir as gardas", dixo Rueda.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visita a nova UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago.. DAVID CABEZÓN
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visita a nova UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago.. DAVID CABEZÓN

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda insistiu en que o seu executivo segue esa  "folla de ruta" e "ten capacidade de mellorar e non quedar estancado". "Todo foi dentro da normalidade e agardamos que sirva para inaugurar unha nova época de diálogo e que os sanitarios saiban que se poden conseguir as cousas falando", dixo en alusión a folga que mantiveron durante nove días.

O presidente galego mantivo que a mellora nas retribucións destes profesionais supón tamén mellorar a calidade asistencial. E, polo tanto, descartou que os problemas na sanidade galega, principalmente na Atención Primaria, teñan que ver só coa falta de profesionais sanitarios. "Se melloramos a súa situación, mellorá a situación da sanidade en xeral. Non son cousas diferentes, senón simultaneas", dixo ao respecto.

Por outra banda, Rueda aclarou que nese acordo non se falou de eliminar a prohibición que aínda rixe en Galicia de que os médicos que simultaneen a sanidade pública coa privada non cobren o complemento específico. "Non houbo ningún acordo sobre isto. Falouse da licitación das gardas pero non elimanar ese complemento", dixo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta