“Debe haber axudas para manter as casas de pedra fóra das cidades”

Jesús Varela Lorenzo, administrador de Trabecón, é un dos homes que máis sabe no país de rehabilitación de vivendas. A súa empresa está ademáis especializada en traballos en zonas históricas e bioconstrucción. As subvencións, o impacto da crise no sector e a recuperacioń económica son algúns dos temas desta entrevista.

Por M.V. | Santiago | 20/02/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

En que áreas está especializada Trabecon?
A empresa naceu no ano 2006 dedicada a rehabilitación e construcción de vivendas de pedra. A nosa especialización é a rehabilitación no casco antigo de cidades como Compostela, sempre dunha forma respectuosa co medio ambente e  respectando a construcción  antiga que teñen as casas en cada casco das cidades. A rehabilitación emprega principalmente madeira, pedra e cal. O revoco de cal  deixouse de usar fai moitos ano e agora volvemos a facer revocos de cal exteiror e interior das viviendas, xa que e algo natural.

Vostedes xa levan varios anos en funcionamento. Desde a súa experiencia, que cómpre mellorar nas administracións públicas para que aqueles que teñen unha idea empresarial no eido da restauración poidan facela realidade?
Temos un patrimonio moi grande en Galicia que foi herdanza dos nosos antepasados, xa non se constrúen casas de pedra como nos séculos anteriores, a rehabilitación é algo caro e administración debía axudar a manter estes edificios con suvencións en todo o ámbeto galego. Non só nas cidades.

E que consellos lle daría a alguén que está pensando en lanzar unha empresa no seu sector?
Se realmente che gusta manter o noso patrimonio é un traballo moi bonito, encontraste cunha casa que só ten as catro paredes en pé. levántala e facer que sexa habitable pero só con madeira, pedra, cal e productos respectuosos co medio ambiente é algo moi gratificante.

A crise impactou terriblemente no sector da construcción. Na rehabilitación o impacto din que foi algo menor ... é isto certo e no seu caso, porque?
Na rehabilitación o impacto non foi tan grande por que as empresas de rehabilitación había moi poucas, todas se dedicaban ao 'ladrillo', non vale calquera para facer unha rehabilitación; é un traballo moi laborioso e no que se avanza  moi lentamente.

Unha das especialidades da súa compañía é a bioconstrucción, podería explicar brevemente en que consiste?
A bioconstrucción é o emprego de materiales naturais, non usar produtos químicos nin materiais que na sua letra pequena son malos para a saúde, utilizamos pintura e barnices naturais...

Moito se está a falar sobre se economía tocou fondo e se nota xa unha certa recuperación. Como se perciben as cousas no sector da construcción e da rehabilitación? Vense 'brotes verdes'?
Nós sempres tivemos traballo. Pero algo de cambio hai, polo menos en Santiago por que onoto e que me chaman máis vendedores de empresas que se estan montando na comarca para ofrecerme os seus productos.

Pode citar algúns dos seus principais traballos?
Por exemplo, a rehabilitacion de Igrexa de San Pedro en Santiago, o Hotel Costa Vella tamén de Compostela,  as galerías da rúa da Franxa no edificio administrativo do Concello da Coruña, ou o Edificio restaurante San Yago , na rúa da Raíña de Santiago.

Interior dunha casa na zona vella de Santiago rehabilitada por Trabecón
Interior dunha casa na zona vella de Santiago rehabilitada por Trabecón

Galerías nunha vivenda rehabilitada por Trabecón
Galerías nunha vivenda rehabilitada por Trabecón
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mazaricos

Esta empresa traballa moito na zona vella de Santiago e todo o que lle vin está moi ben, creo que gañaron tamén un par de premios. Agora ben, non comparto o que di no tema das axudas. Cadaquén ten que mirar polo seu patrimonio, se eu quero rehabilitar a casa dos meus pais, tereina que pagar eu, non a Administración.