SEO/Birdlife esixe a paralización dun parque eólico na Costa da Morte que "ameaza a biodiversidade"

Segundo a organización medioambientalista, o proxecto pon en risco numerosos espazos naturais protexidos.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 21/04/2023 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

A organización ambientalista SEO/BirdLife solicitou á Xunta de Galicia que non autorice un parque eólico na Costa da Morte debido a "as ameazas" que supón para a biodiversidade. Nun extenso documento, que a organización trasladou ao organismo reitor en Galicia, expoñen os futuros impactos negativos do parque eolico Pena dos Mouros, Monte Chan e Souto.

Parque eólico proxectado na Costa da Morte
Parque eólico proxectado na Costa da Morte | Fonte: Adega Mapa dos parques eólicos en proxecto Mapa dos parques eólicos en proxecto

Este complexo eólico estaría formado por tres centrais eólicas moi próximas e que, segundo afirma SEO/BirdLife, sufriu unha fragmentación en varios proxectos de menores dimensións para "tentar que no proceso de avaliación o impacto puidese parecer menor". Así mesmo, sinalan que o menor destes proxectos xa conta cunha delcaracion ambiental desfavorable por parte da Xunta.

Desde a organización, sinalan a falta de análise de impacto sinérgico e acumulativo deste proxecto (de oito xeradores de 5 MW) na paisaxe ou a biodiversidade que, ademais, uniríase aos outros 18 proxectos e 176 aeroxeradores que xa están instalados ou en vías de instalación nun radio de 10 kilometros.

A isto engaden que este parque eólico pretende instalarse a "escasos 300 metros" de espazos protexidos da Rede Natura 2000 con valor ornitolóxico entre os que sinalan as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) da Costa da Morte, catalogadas como Áreas de Importancia para a Conservación das Aves e a Biodiversidade (ÍA) a nivel internacional e a Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba.

SEO/BirdLife sinalou que, en total, está constatada a presenza de 100 especies e a maioría delas atópanse protexidas e incluídas no Anexo I da Directiva 2009/147/CE, a Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial e no Catálogo Español de Especies Ameazada. Así mesmo, a súa proximidade á costa tamén a converte nunha "zona moi sensible" debido á a presenza de aves mariñas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Primeiro, na década do sessenta do século passado, assolagárom os nossos vales para industrializar Madrid; enquanto as nossas vilas nom tinham potencia eléctrica para instalar explotaçoes gandeiras modernas tendo ao seu pé os encoros productores de electricidade. E para inri subvencionada, pois cobram ao mesmo preço o quilowatt em Getafe que em Chantada; e Nós a emigrar. Esta é a única política económica que tem Madrid para connosco.