Temas: MúSICA

Dos Estercoleros nacen Los Hermanitos

A nova banda dos irmáns Armesto comeza a presentar as súas cancións con datas en Melide e Compostela. Pronto estarán canda Burning en Compostela.

Por M.V. | Santiago | 21/02/2015 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Os irmáns Armesto, que foran o núcleo dos Estercoleros (Robín de los Estercoleros y su Alegre Banda de Pataphisicos), están de volta, pero parecen outros. Xa non lle dan ao rock macarra vía Burning, aos que telonearon na Coruña en novembro e volverán a telonear en Santiago o 6 de marzo na sala Capitol. 

Los Hermanitos
Los Hermanitos

Los Hermanitos retornan "máis puros e espidos", desenvolvendo a faceta acústica que xa apuntaban hai máis dunha década cando pateaban a comarca da Estrada a guitarrazos. Agora, dende Santiago de Compostela, súmanse a ese terreo difuso e moi ateigado do folk rock, pero fano con moita clase nas guitarras e letras costumistas, prometendo sempre non ofertar "licores que antes non beberan".

Onte venres Jorge e Josemi estiveron no Dzine de San Sadurniño e hoxe sábado 21 presentan as súas novas cancións -preto diso que agora chaman americana- no Pub Gatos de Melide.  Velaquí "Como hacen los ahogados" , unha mostra do seu novo traballo homónimo:

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta