Por gcdeportes | A Coruña | 25/02/2015 | Actualizada ás 09:00
De novo a denuncia da Liga polos cánticos dos Riazor Blues no municipal coruñés. Desta volta, no derbi galego do pasado sábado. E de novo con Vigo como protagonista. A LFP, no seu informe semanal, denunciou os cánticos “Puta Vigo oé, oé!” dende a bancada de Maraton inferior.
Así o recolle o escrito da Liga, na única incidencia destacada en toda a xornada en Primeira, que será remitido á comisión Antiviolencia: “Entonación de cánticos en el recinto deportivo, durante el partido, en el minuto 53 y desde el grupo de espectadores del equipo local ubicado en la grada de Maraton inferior, formado por aproximadamente 1.000 espectadores y conocido como Riazor Blues, tal y como identifica la pancarta o bandera situada bajo la ubicación del mencionado grupo, en los siguientes términos: “Puta Vigo oé oé!”. Dichos cánticos fueron realizados de forma coral y coordinada exclusivamente por parte del mencionado grupo, si bien fueron replicados por otros espectadores en diferentes ubicaciones del estadio, sin poder determinar sectores concretos y número de espectadores aproximado distinto del mencionado grupo”.
Non é a primeira vez que se denuncian os cánticos de Riazor: xa ven tres en pouco máis dun mes. Principiaron no Dépor-Barça contra Rafinha, ex-xogador celeste a pasada tempada, a quen adicaron “Tu, vigués, puto portugués”. Tres xornadas despois, no encontro Dépor-Éibar, antesala do clásico galego no municipal coruñés, os Riazor Blues recorreron ao “Vigo non, Vigo non".
Malia esta denuncia, os dous clubs galegos loubaron o ambiente que se viviu no clásico galego. De feito, o Celta publicou un comunicado na súa web que salientaba: "O club quere manifestar a súa satisfacción polo gran ambiente e a sa rivalidade nun derbi que, grazas á boa conducta de ámbalas dúas afeccións, foi unha grande festa para o fútbol galego".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.