"Suscríbete ao galego" o novo programa que une forzas para fomentar o uso da lingua na rede

Con esta campaña intentarase aumentar e apoiar á comunidade de creación de contido en galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/05/2023 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

O Día das Letras Galegas e o Día de Internet conseguen xuntar á Asociación de Medios en Galego, á proveedora de servizos de dinahosting e a PuntoGal para sacar adiante a iniciativa "Suscríbete ao galego" para formentar o uso da lingua na rede.

Programa 'Suscríbete ao galego'
Programa 'Suscríbete ao galego' | Fonte: Asociación medios galegos

Esta campaña consiste en que as persoas que se fagan suscriptoras entre o 17 e 31 de maio dalgún dos medios en galego que participan nesta iniciativa, recibirán de balde un dominio .GAL e o aloxamento para a súa web durante 1 ano, un feito que está valorado en máis de 170€.

O dominio ofrecido suporá unha conta de correo profesional con nome propio ou a posibilidade de iniciar un proxecto web sen necesidade de inversión inicial. Con isto, as diferentes asociacións buscan facer medrar á comunidade de creación de contido en galego e así fomentar a lingua tamén nestes ámbitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta