'Extruga na Rúa 2023': o festival de Verín pensado para a mocidade

O tenente de alcalde do Concello de Verín, Diego Lourenzo Moura, reuniuse días atrás con Hugo Salgado, organizador da quinta edición deste evento, para coñecer de primeira man todas as novidades. O festival será os días 25, 26 e 27 de agosto.

Por Galicia Confidencial | Verín | 02/05/2023 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Diego Lourenzo, tenente de Alcalde de Verín,  quixo expresar a súa gratitude os organizadores pola súa labor e dedicación en favor da cultura urbana, "proporcionando á nosa xuventude unha alternativa cultural de gran calidade, e da que, ademais, podemos afirmar que xa é todo un referente na provincia de Ourense".

Hugo Salgado e Diego Lourenzo reunidos. Foto: Comunicación Concello de Verín.
Hugo Salgado e Diego Lourenzo reunidos. Foto: Comunicación Concello de Verín.

O evento, patrocinado polo Concello de Verín, converterase unha vez máis no epicentro cultural da vila do Támega, coa zona verde de A Preguiza, as instalacións deportivas do Skate Park de Verín e a Praia Fluvial como escenarios de múltiples actividades culturais, deportivas, obradoiros e actuacións musicais.

O festival, de carácter gratuíto, contará con tres días de música, combinando artistas consolidados do panorama nacional con artistas locais emerxentes do mundo urbano. Ademais, o evento será unha das nove sedes da Liga Xunta Break de Galicia, organizada pola entidade Vella Escola de cara ás Olimpíadas 2024. Tras o éxito do I Concurso de Bandas Emerxentes, este ano repítese o certame nunha segunda edición, onde se outorgará un premio económico e a actuación no propio evento.

A Xuntanza Deportiva, zona de mercadiño e de foodtrucks será outro dos alicientes desta V edición máis alá de, en palabras do organizador, Hugo Salgado“traer á vila moitas novidades en comparación con outras edicións e colaboracións únicas para este ano”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta