Educadores sociais apelan á necesidade de atacar "de forma transversal" o acoso escolar

Instan ás autoridades educativas a articular estratexias para facer dos centros escolares espazos de "seguridade e confianza".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2023 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O Colexio de Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) instou ás autoridades educativas a articular estratexias para facer dos centros escolares espazos de "seguridade e confianza".

Con motivo da celebración este martes do Día Internacional contra o acoso escolar, os educadores sociais galegos apelan á necesidade de atacar de forma transversal un problema sobre o que ven unha maior concienciación cidadá.

Por iso, chamaron a profundar nas solucións aos episodios de acoso para enfrontalos desde a educación integral co ánimo de favorecer a prevención, detección e intervención inmediata. Apoiar tanto a vítimas como aos propios agresores, apostar pos a resolución pacífica dos conflitos, refozar as habilidades sociais e emocionais ou mellorar a comunicación son algunhas das claves que apunta o Cessg.

Por iso, o colexio insta as autoridades a incluír aos educadores sociais como axente de atención na escola para que, deste xeito, os centros conten con "unha figura de referencia e confianza para os nenos".

Varios nenas con mochilas á saída do colexio Pia Balmes. David Zorrakino - Europa Press - Arquivo
Varios nenas con mochilas á saída do colexio Pia Balmes. David Zorrakino - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta