O "ouro líquido" de Quiroga

Quiroga é un concello do sur de Lugo, integrado na Ribeira Sacra e unha das portas naturais de entrada ao Courel. Ademais de polos seus viños este concello empeza a ser unha das referencias en Galicia no cultivo do aceite. Despois de anos de abandono algunhas iniciativas privadas e o apoio institucional do Concello están propiciando que este "ouro líquido" volva ser un dinamizador económico da zona. Falamos con Julio Álvarez, alcalde de Quiroga.

Por X.M. Fernández | Quiroga | 26/02/2015 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

Xa rematou a recollida da oliva en Quiroga? Que tal foi a colleita?

Mostra do Aceite
Mostra do Aceite

Si, xa rematou. Unha boa colleita.

O proceso de recolección e de elaboración do aceite está totalmente industrializado ou aínda queda xente que o fai ao xeito artesanal?

O proceso de recolección e de elaboración do aceite é industrial nun 80 % aínda que tamén queda xente que o fai no muíño.

Cantas empresas se dedican profesionalmente? Hai algunha cooperativa que o comercialice tamén?

Julio Álvarez, alcalde de Quiroga
Julio Álvarez, alcalde de Quiroga

Actualmente hai 3 empresas que se dedican profesionalmente a elaboración e comercialización do aceite e unha delas funciona tipo cooperativa.

Para potenciar o cultivo e aumentar a produción estanse recuperando oliveiras autóctonas e/ou replantando variedades doutras zonas?

Estanse recuperando as oliveiras autóctonas. 

Cantos litros de aceite se producen actualmente? Previsións de futuro?

Actualmente prodúcense  30.000 litros. A previsión en 8 ou 10 anos é duns 100.000 litros coa plantación actual. 

Que pasos se están dando para obter unha marca distintiva que protexa o "Aceite de Quiroga"? 

O aceite de Quiroga está rexistrado como marca na Oficina Española de Marcas e Patentes. Ninguén pode facer uso da marca sen a autorización do Concello. Agora estamos traballando por conseguir unha marca de calidade de IXP (Indicación Xeográfica Protexida) e de DOP (Denominación de Orixe Protexida) paralelamente. Neste sentido xa mantivemos unha xuntanza co Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal) dependente da Consellería de Medio Rural. 

Quedan moitos muíños antigos que se podan visitar no Concello?

O muíño de Bendilló (no que se fai a Mostra do Aceite de Quiroga)

Este ano celebrades a XV Mostra de Aceite. En que medida axuda este evento a difundir a calidade e a cultura do aceite?

Si, o 16 de maio celebraremos a XV Mostra do Aceite. A calidade e cultura do aceite volve poñerse en valor grazas ao arranque da Mostra do Aceite, o que fai que incremente a venda e mellora deste produto.

Muíño de aceite de Bendilló (Quiroga)
Muíño de aceite de Bendilló (Quiroga)
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta