CC.OO. interporá un recurso contencioso-administrativo para que o Concello de Padrón actualice as nóminas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2023 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras (FSC-CC.OO.) interporá un recurso contencioso-administrativo para que o Concello de Padrón "actualice as nóminas do persoal conforme á relación de postos de traballo (RPT) vixente", publicada no Boletín Oficial da Provincia hai máis de dous anos, concretamente o 16 de abril do 2021, apunta o sindicato.

Segundo explicou CC.OO., esta acción xurídica tomarase unha vez que o goberno local "desestimou a solicitude presentada polo delegado de persoal esixindo a actualización das nóminas" e o pago dos atrasos xerados nos últimos dous exercicios.

Desde o sindicato lamentan que o Concello de Padrón "nin sequera respondese o escrito presentado polo delegado ou que declinase as peticións do sindicato para manter unha xunta e propiciar unha solución". Así mesmo, repróchalle que "se empeñe en xudicializar as relacións laborais".

Segundo o sindicato, o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago emitiu sentenza a pasada semana condenando o Concello a "levar a cabo os actos necesarios" para incluír na oferta de emprego público (OEP) unha serie de prazas que o consistorio "decidira unilateralmente non incluír", explica CC.OO.

A Federación de Construción e Sevicios de CC OO denuncia ante a Fiscalía a 'inacción' do concello de Padrón na licitación do servizo de axuda no fogar. COMISIÓNS OBREIRAS
A Federación de Construción e Sevicios de CC OO denuncia ante a Fiscalía a 'inacción' do concello de Padrón na licitación do servizo de axuda no fogar. COMISIÓNS OBREIRAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta