O Sergas deberá pagar 150.000 euros por non activar o Código Ictus para un paciente en Ferrol

Considera que se se lle aplicara o protocolo e "o consecuente tratamento fibronolítico" durante "as primeiras horas de asistencia", os danos poderían ser menores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2023 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avalou unha sentenza de primeira instancia e condena ao Sergas ao pago de 150.000 euros por non activar o sistema 'Código ictus' para un paciente ferrolán, causándolle un posible agravamento das secuelas.

Segundo informou o bufete Alfonso Iglesias, que representou ao afectado, o tribunal "amplía a indemnización outorgada" por un xulgado de Ferrol e confirma "a decisión de considerar a existencia dunha perda de oportunidade" para que os "danos neurolóxicos sufridos polo demandante fosen menores".

Con iso, considera que se se lle aplicara o protocolo e "o consecuente tratamento fibronolítico"  "nas primeiras horas de asistencia", os danos poderían ser menores. O caso remóntase a 2017, cando o home, un paciente de 64 anos de idade, foi atendido tras un episodio de mareo, sudoración e vómitos.

Na sentenza, a maxistrada establece que resulta "clara" a apreciación de que a "primeira asistencia prestada" en Ferrol "non foi correcta e que debería sospeitarse a posibilidade do ictus e seguir o protocolo establecido para o efecto".

Sede TSXG
Sede TSXG | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta