Novos atrasos nos trens entre Vigo e A Coruña

Unha incidencia técnica nun tren provoca un transbordo de viaxeiros e un atraso de media hora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2023 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

O tren entre Vigo e A Coruña con saída ás 8,00 horas sufriu unha "incidencia técnica puntual" que obrigou ao transbordo de pasaxeiros en Pontevedra, co consecuente atraso na viaxe dunha media hora.

Segundo informan fontes de Renfe a Europa Press, este tren tivo que volver a Vigo tras chegar a Pontevedra, polo que outro convoi foi o encargado de levar aos viaxeiros ata a cidade herculina.

En relación con esta avaría, viaxeiros queixáronse a través de redes sociais de falta de información sobre o sucedido e criticaron un novo novo atraso nesta liña.

Unha traballadora da limpeza traballa nas plataformas na estación de trens, en Santiago de Compostela
Unha traballadora da limpeza traballa nas plataformas na estación de trens, en Santiago de Compostela | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta