O seu primeiro traballo na imprenta era levar as galeras da revista Industrias Pesqueiras, que redactaba Fernández del Riego e cuxo propietario era Valentín Paz Andrade. Durante o día subía e baixaba a costa ata o edificio da rúa Policarpo Sanz 18. Moitas veces quedaba varias horas esperando as correccións, para logo ser impreso. Tal foi o contacto diario que don Francisco colléralle certa simpatía ao raparigo. O meu futuro pai de nome Luís, quería ser tipógrafo, que por aqueles anos pagábase ben o oficio. Soñaba con xuntar uns aforros e macharse para América. Como a maioría dos mozos daquela época. Para Luís levar aquelas galeras era unha honra, don Fernández del Riego era un intelectual galeguista moi recoñecido. A pesar de ser un dirixente importante das Mocidades Gallguistas, foi protexido das garras do franquismo, polo avogado e tamén galeguista Valentin Paz Andrade. Don Valentín tiña grandes contactos cos empresarios da pesca e os conserveiros.
A maioría dos militantes do Partido Galeguista marcaáron ao exilio; Castelao, Luís Seoane, Núñez Búa e Suarez Picallo. Outros viviron escondidos como Alonso Ríos, mentres os menos comprometidos abstivéronse de facer política. Nalgúns casos como Filgueira Valverde, Juio Sigunza e Alvaro Cunqueiro colaboraron co novo réxime. Hai que recodar que en 1935 divídese o Partido Galeguista, cos que non querían entrar na Fronte Popular e fórmase Dereita Galeguista, con Vicente Risco, Otero Pedrayo, Manuel Beiras entre outros.
Co transcorrer do tempo o meu pai convértese en tipógrafo e aforra o seu diñeiro para emigrar á Arxentina en 1954. Logo séguelle a miña nai e o que lle escribe. Don Francisco convértse no nexo entre o Partido Galeguista do interior liderado por Piñeiro e As Irmandade Galegas creadas por Castelao. Primeiro na Arxentina e logo créase no Uruguai, Brasil, Venezuela etc.
Sempre quedou gravado aquel recordo do meu pai. En 1975 o 12 de outubro dese ano cumprín o meu soño de regresar ao meu país. Poucos días despois morría Franco. Como era lóxico celebrámolo discretamente de taberna en taberna, co Grupo A Roda e Suso Vaamonde.
Co inicio da transición puidemos celebrar o primeiro entroido en Vigo, na zona de viños. A primeira Feira do Libro na Alameda, onde coñecín a Celso Emilio Ferreiro, mentres tanto suspendíase a conferencia de Neiras Vilas no Mercantil, rodeado polos grises e a de Alonso Montero na Caixa de Aforros.
Eran días moi axitados. Por aqueles anos As Mocidades Musicais organizaran en 1976 o Primeiro Encontro de Artistas Novos de España. Rosendo Soutelo era o presidente e estaba composto polo músico Enrique Macías , Manuel Forcadela, Roberto Vázquez, o destacado fotógrafo Federico Puigdevall, Amante Caride e quen lle escribe, eramos os organizadores daquel rupturista encontro cultural, que rompeu coa censura daqueles anos. Para algúns foi o primeiro antecedente da movida viguesa.
As casualidades da vida fixo coincidir que o local das Mocidades Musicais quedaba no mesmo edificio onde funcionaba a Revista Industrias Pesqueiras, así que case relixiosamente cando se pechaba o edificio ás 20 horas, cruzábame con don Francisco para pechar a porta do edificio. Sempre de traxe, con rostro serio, con algún libro debaixo do brazo. A diferenza de idade cohibíame de ter un dialogo, para contarlle a anécdota do meu pai. Anos despois instáleme definitivamente a vivir en Vigo e comezou a miña paixón pola historia da emigración, a segunda república e o exilio galego.
Por aqueles anos Don Francisco era o director da Fundación Penzol e eu era un asiduo visitante daquela institución. Púxenme a escribir a biografía de Ramón Suárez Picallo amigo de Fernández del Riego. Con tal motivo entrevisteino en varias oportunidades. Cando lle contei cal era o meu proxecto, exclamou 'Picallo foi un dos mellores'. Alí trabamos un vínculo que nos unía coa emigración. Facilítome o arquivo fotográfico da visita de Otero Pedrayo a Buenos Aires e a súa propia viaxe á Arxentina en 1949. Máis dunha vez cruzámonos nalgún acto oficial. O certo que Fernández del Riego foi un intelectual galeguista moi comprometido co país. Ben merecido que este ano sexa declarado Día dás Letras Galegas.