Por E.P. | VIGO | 18/05/2023 | Actualizada ás 10:40
Os traballadores da empresa auxiliar Mainfer, encargados da limpeza de buques, impediron durante tres horas, entre as 5,00 e as 8,00 horas deste xoves, 18 de maio, o acceso ás instalacións de Navantia Ferrol.
A protesta desenvolveuse nas dúas portas de maneira simultánea e causou importantes retencións de tráfico no barrio ferrolán de Esteiro. Esta acción de protesta desenvolveuse porque os operarios aseguran que ven perigar os seus postos de traballo, ao non recoñecerlles a empresa naval pública o seu dereito á subrogación, ao ter actualmente aberto un concurso público para os traballos nas dúas primeiras fragatas da serie F-110, a F-111 e F-112, que non recolle a continuación destes operarios.
Durante o tres horas que durou a protesta, formáronse importantes filas de vehículos estacionados nas inmediacións do estaleiro ferrolán, o que motivou que se retardase o tráfico. Tras pór fin á protesta, os vehículos comezaron a entrar no recinto industrial e a situación normalizouse.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.