A Xunta resolve o concurso de méritos de docentes, que recibiu 11.000 solicitudes para 1.156 prazas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2023 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia acaba de publicar a resolución provisional do concurso de méritos dos docentes, que recibiu unhas 11.000 solicitudes para as 1.156 prazas convocadas, de maneira que se converte nunha das primeiras autonomías en acabar este proceso.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, felicitou aos funcionarios da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos "polo esforzo para completar en menos de sete meses a análise dun altísimo número de solicitudes, e facer a proposta de adxudicación de prazas".

"Deste xeito, Galicia pode resolver o concurso de méritos un ano e medio antes do prazo límite establecido polo Goberno central (o 31 de decembro de 2024)", destacou o conselleiro, que engadiu que este labor se suma á realizada nos procesos de Oferta Pública de Emprego desenvolvidos desde 2022..

Por outra banda, está a prepararse a intendencia para o concurso-oposición que se realizará este ano, con 125 prazas, que pon fin aos procesos desenvolvidos neste bienio, seguindo os requirimentos estatais para o ingreso e estabilización no corpo docente, que suman case 4.000 prazas.

Segundo Román Rodríguez, grazas a esta "dedicación", o ensino galego poderá comezar o próximo curso "cunha interinidade do 6 % no conxunto das prazas estruturais e non estruturais, dous puntos por baixo do obxectivo marcado".

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, abre as Xornadas de Linguas Estranxeiras. XUNTA
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, abre as Xornadas de Linguas Estranxeiras. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta