Morre Francisco Cacharro, histórico referente do sector das boinas no PPdeG

A capela ardente podería instalarse no salón de plenos da Deputación de Lugo, organismo qeu gobernou durante 23 anos. Xosé Manuel Barreiro destaca a súa importancia política.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 08/03/2015 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Francisco Cacharro Pardo, un dos históricos políticos do PPdeG e referente do que se chamou o sector das boinas, faleceu este domingo aos 78 anos.

Cacharro Pardo
Cacharro Pardo

Cacharro Pardo levaba tempo afectado de problemas de saúde e estaba ingresado no hospital Polusa de Lugo desde hai varios día. Vivía, agora, apartado da política activa e deixara, ademais, a súa militancia no PPdeG.

Con todo, seguía mantendo moi boas relacións cun secotr deste partido. O portavoz do Grupo Popular no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, lamentou "profundamente" o seu falecemento. "Levou ao partido ás máis altas cotas de representatividade na política lucense e galega", suliñou nun comunicado.

Tamén desde o PSdeG lamentaron o seu pasamento. De feito, a capela ardente do expresidente podería instalarse no salón de plenos do palacio provincial que agora gobernan socialistas e nacionalistas.

Cacharro presidiu a Deputación Provincial de Lugo desde o ano 1983 ao ano 2007, e tamén foi concelleiro no Concello lucense e senador. Xunto a Manuel Baltar, expresidente da Deputación de Ourense e do PP nesta provincia, Cacharro Pardo foi un dos grandes baróns do Partido Popular nos anos de Manuel Fraga á fronte do Goberno da Xunta.

A pesar de nacer en Xaén, onde o seu pai foi destinado á localidade de Guarromán para traballar como profesor, Francisco Cacharro desenvolveu a maior parte da súa vida en Lugo, onde foi inspector de educación antes de dedicarse de cheo á política.

O paso de Cacharro Pardo pola política galega non estivo exento de polémica. A finais do pasado mes de xaneiro, a Audiencia Provincial de Lugo ditou un auto polo que retiraba a acusación de Cacharro Pardo na denominada Operación Muralla.

A Fiscalía de Lugo decidiu retirar a acusación contra o expresidente da Deputación a unha semana de que tivese que comparecer na Audiencia Provincial para a celebración do xuízo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 undamariña

Un dos caciques mais grandes que deu a provincia de lugo. D.E.P.

1 Alberte

Van morrendo os da posguerra. Tamén a nosa familia o que non é bo. Pero si non o mundo non avanza. Sería perenne como a escolástica que é o que lhes gustaría a eles. Lembro en Ourense unha vez, hai uns 25 anos, que veu visitar Baltar un novo concesionario de coches. Estiveron os do novo concesionario todos os días anteriores limpando e casí lhes faltaba o toque de retreta (militar) por tan prestixiosa visita. Ao mesmo tempo ían bendecir os escoltásticos (os da filosofía perenne) o novo concesionario. O pior de todo esto é que Cacharro morreu e xa está. O filho, que antes ganaba todos os contratos informáticos da Deputación (xa sabedes que son moi liberais)agora está de loito. Pero Baltar, cando morra, perpetuarase a posguerra en Ourense co seu filho. É o pior que lhe pode pasar a Ourense. Que continúe a posguerra eternamente. Mágoa de país.