A Xunta e a UDC colaborarán para eliminar a herba da pampa

Por E.P. | A CORUÑA | 23/05/2023 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña (UDC) colaborarán no desenvolvemento de accións de control biolóxico para a eliminación da especie exótica invasora 'cortaderia selloana', coñecida como herba da pampa, no marco do convenio asinado este martes pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o reitor da UDC, Xulio Abalde.

Esta colaboración ten como obxecto desenvolver o uso dunha especie de mosca, concretamente o 'spanolepsis selloanae', como axente de control biolóxico. Será despois de que investigadores desta universidade descubrisen que as femias deste insecto depositan os ovos na herba da pampa "e, tras a súa eclosión, as larvas aliméntanse da estrutura reprodutiva da planta evitando así a formación de sementes viables", explica o departamento autonómico.

Na firma do convenio, a conselleira subliñou que o mesmo supón un paso máis na loita contra o avance desta especie e destacou que este proxecto, que levará a cabo nos próximos dous anos, podería se extrapolable a outras comunidades afectadas por esta problemática.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xulio Abalde, asinan un convenio de colaboración. MONCHO FONTES - Arquivo
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xulio Abalde, asinan un convenio de colaboración. MONCHO FONTES - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta