Durante a construción do seu primeiro tramo entre Santiago e A Coruña foi usada de xeito intensivo como "un elemento de retención dos noiros (taludes)", segundo conta a Galicia Confidencial Benito García, presidente da asociación Galicia Ambiental, que nos detalla como foi a expansión desta planta "que non queren nin as cabras". Daquela non era oficialmente unha especie invasora.
  comenta   0
"Se eres alérxico ás gramíneas e aos ácaros, algo que tamén é moi común, pasas case todo o ano con alerxia: cando remata a alerxia ás gramíneas en outubro empezas o outono cos ácaros, que proliferan ata xaneiro ou febreiro e, despois, volves a empezar coas gramíneas na primavera", explica Alberto Gandarillas Solinis, investigador do Instituto de Investigación Valdecilla, que realizou o primeiro estudo no mundo que relacionou estas gramíneas coas reaccións alérxicas.
  comenta   0
As denominadas matogueiras de toxo, breixo e outras plantas de pequeno tamaño ven minguar a súa extensión, ocupando o seu lugar especies invasoras. Á parte disto, asociacións ecoloxistas e ambientalistas acusan á administración de non cumprir coa preservación destes hábitats, algúns deles, lugares de especies endémicas únicas.
  comenta   0
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, considera esta herba unha especie "de alto risco de impacto" na biodiversidade galega.
  comenta   1
Unha carta do alumnado de 5º de primaria do CEIP do Hío en Cangas sobre o perigo que representa a Herba da Pampa na lagoa de Vilariño fixo que un membro de Adega se trasladara ao centro para explicarlle o que provocan as especies invasoras.
Tamén prestará especial atención ás especies exóticas invasoras en espazos Rede Natura, principalmente, á coñecida como herba da Pampa.
  comenta   4