A Xunta colabora nun plan para eliminar a herba da Pampa da costa galega

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, considera esta herba unha especie "de alto risco de impacto" na biodiversidade galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará na redacción dun plan de acción para eliminar a herba da Pampa --'cortaderia selloana'-- na zona que vai desde a costa oeste de Francia e o arco norte de España e Portugal, o que inclúe o litoral galego.

Segundo informa a Xunta, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participou na mañá deste martes na presentación da xornada sobre o futuro plan de acción enmarcado no proxecto comunitario 'LIFE Stop Cortaderia', coordinado pola Asociación Amica e no que participa a ONG SEO/Birdlife.

Neste contexto, a directora xeral explicou que o establecemento de prioridades para afrontar a erradicación de especies exóticas é un aspecto no que o seu departamento "traballou nos últimos anos", concretamente nun plan estratéxico.

Tal e como indicou Belén do Campo, esta herba é unha especie "de alto risco de impacto" na biodiversidade galega, polo que a estratexia de xestión desta especie "debe priorizar a contención local e a protección dos sitios prioritarios para a conservación de especies", principalmente a Rede Natura 2000.

Deste xeito, nos próximos meses, a ONG SEO/BirdLife, xunto ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (Ceida), ambos os socios colaboradores, realizarán os traballos para cartografar a área de distribución da herba da Pampa en Galicia avaliando o perigo da especie en cada zona.

Plumacho ou plumero da Pampa. XUNTA - Arquivo
Plumacho ou plumero da Pampa. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

E Audasa pagará ou axudará a eliminar esa praga? Foi dos primeiros en "inundar" as medianas da AP9 con esa planta que agora sae até debaixo das pedras. E a Xunta, coma sempre mirando para outro lado.