A alerxia primaveral prolongarase ata tres meses máis na Galicia costeira

A responsable é a especie invasora herba da pampa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2022 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A Galicia costeira, especialmente as comarcas do Salnés, Val Miñor, Baixo Miño e Golfo Ártabro, verá prolongado o seu período de alerxia primaveral ata outubro como consecuencia da presenza da herba da pampa ou "plumacho" (Cortaderia selloana).

Un estudo realizado en Cantabria polo Servizo de Alergología do Hospital Universitario Marqués de Valdecilla, concluíu que a presenza desta planta leva afectacións á saúde, especialmente ás persoas que xa padecen de alerxia ao pole ou ás gramíneas.

O "plumacho" é unha especie invasora na Península Ibérica, especialmente nas comunidades da Costa Cantábrica e Galicia, onde foi incorporada a través da xardinaría urbana e a construción da Autoestrada do Atlántico (AP-9).

O equipo científico do Hospital de Valdecillas afirmou que "as vacinas para as gramíneas locais parecen ser eficaces tamén contra o plumacho, o cal é importante porque non hai unha vacina dispoñible", manifestaron.

Ao redor do 20% da poboación mundial sofre alerxias, que ademais son unha porta aberta a infeccións oportunistas, virales ou bacterianas. Por iso, o investigador do Valdecillas, Alberto Gandarillas, sinalou a importancia da posta en marcha do Proxecto Life Stop Cortaderia, enmarcado na protección da saúde ambiental das áreas afectadas.

Herba da Pampa
Herba da Pampa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta