Maite Rojo, a única galega no esixente Ultr’ardeche, unha carreira de 222 quilómetros

Maite Rojo, ultrafondista e adestradora, a única galega en completar a carreira máis dura do mundo, a Spartatlhon, encara este sábado un novo reto; os 222 quilómetros da Ultr’ardeche, en Francia. Nesta carreira estarán os e as mellores do mundo. Estas son as súas impresións antes da carreira.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/05/2023 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

E chegou o momento no que preparas a mochila para voar mañán a miña próxima carreira. A Ultr’ardeche en Francia, unha competición con 222 quilómetros e 3500 metros de desnivel, cunha altitude máxima de 1450 metros. A ruta é circular, sae dende Alboussiere e rodea un parque natural, cheo das famosas terrazas que se forman en montaña, contidas con pedras, para facer zonas de cultivo sobre todo vitícola. Polo tanto, é por zonas de estrada e de pista.

A ultrafondista Maite Rojo cruzando o Estreito de Corinto na mítica Spartathlon
A ultrafondista Maite Rojo cruzando o Estreito de Corinto na mítica Spartathlon | Fonte: remitida

Teño que ser moi consciente do desnivel que se acumula mais dende o quilómetro 30 (onde poderei ver por primeira vez o meu apoio Helena e Andrea) ata o 120, toda en subida polo cal hai que manter ben a forza ata metade de carreira. Ademais neses quilómetros chegará a noite e as temperaturas baixan considerablemente na montaña.

Despois do quilómetro 150 é un sobe e baixa ata chegar de novo ao pobo, non hai moitos tramos fáciles. Se non é baixada é subida polo que un ritmo constante será foi pouco probable. Polos kilómetros e o desnivel ogallá poda facelo nun par de horas menos co Spartathlon pero é mol difícil de predecir e depende moito do que o corpo permita ese día.

A meteoroloxía será moi variable e podemos encontrar de todo, calor, frío, chuvia… co que tamén se perde tempo ao cambiar de roupa. Haberá 24 avituallamientos e puntos de control nos que tamén me poden axudar as miñas amigas. Ultr’ardeche levase a celebrar dende o ano 2012, despois 2013, 2019, 2022 e este é o seu quinto ano.

Descubrino gracias a outros corredores, ademáis do meu irmán que xa faláramos de correr xuntos, ou con apoio en bicicleta Tanto esta como outra de 100 millas que se organiza en verán no mesmo sitio. Botareino moito en falta. Hai 90 inscritos confirmados que corren a proba. O nivel de participantes vai dende  Gilles Pallaruelo con 18 Spartahlons feitas e duas Ultr’ardeche, Ayku Çelikbas con 7 Spartathlon, Rolando Espina con 6 Spartathlon e ven de gañar en xaneiro unha ultra de 630 kms, co seu amigo Don Hannon famoso corredor de ultratrail irlandés e finalista tamén do Spartathlon o ano pasado. Dous favoritos franceses: Eric Bonnote e Mathieu Veron con 4 finisher cada un de Ardeche.

E entre as mulleres Patrycja Bereznowska mellor atleta femenina do ano pasado, gañadora do Spartathlon 2017, do UltraBalaton no 21 e o +281 de Portugal ademáis de numerosos 24 horas en pista, 3 veces campeona europea. Ou Irina Masanova unha moza rusa segunda no Spartathlon no 2019 e gañadora da Ultra Dolihos de 255 kms este ano. Sen falar da Julia Faton que leva tres edicions e quedou segunda o ano pasado en Ardeche.

Mais de 20 personas finalistas do Spartathlon que nos reuniremos e dous españois, David Ferrandez e eu que son a única galega. Para os que queiran ver resultados aquí está a pagina web: http://ultrardeche.fr/

Maite Rojo, adestradora e ultracorredora

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta