Centos de persoas para 75 postos nun novo gran supermercado de Lugo

Só se admiten currículos que sexan entregados en man na Confederación de Empresarios de Lugo e non por formato electrónico. Búscanse xefes de sección, caixeiros, vendedores, profesionais para produtos frescos e persoal para reposición.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 12/03/2015 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Centos de persoas están deixando os seus currículos na Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) para optar aos 75 postos de traballo que a  multinacional francesa E.Leclerc prometeu que creará no novo hipermercado que abrirá proximamente nesta cidade, no centro comercial de Abella.

Un supermercado da multinacional francesa E.Leclerc
Un supermercado da multinacional francesa E.Leclerc

Este xoves comezaba a recollida dos currículos e desde primeiras horas da mañá había grandes fieiras de xente que acudían ao CEL con todo tipo de certificados e experiencia laboral para ver se son os afortunados nun proceso que comezará a próxima semana.

E é que a multinacional francesa rexeitou o envío dos datos por correo electrónico para para facilitar o tratamento de datos. Por iso, só admitirá no proceso de selección os currículos recibidos en man nesa data. Os perfís que se demandan son os de caixeiras, vendedores de non alimentación, profesionais para produtos frescos, persoal para reposición e xefes de sección.

O novo hipermercado do grupo E.Leclerc estará situado dentro do Centro Comercial Abella, cunhas instalacións que ocuparán uns 3.750 metros cadrados dedicados á venda de produtos frescos, alimentación, líquidos, téxtil, bazar, electrónica, imaxe e son, libraría, electrodomésticos e enxoval.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta