A USC repartirá máis de 7.000 euros en premios nun concurso de proxectos innovadores

Busca impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, titulados e tituladas e persoal investigador.

Por GC Emprende | Compostela | 12/03/2015 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

A viabilidade do proxecto; o grao de innovación do produto, proceso ou servizo, o volume de emprego proxectado; o carácter multidisciplinar do equipo; a consideración das políticas de igualdade e a relación ou interese coa lingua galega son os criterios que se terán en conta na concesión dos premios correspondentes ao décimo quinto Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC. Esta iniciativa do programa de creación de empresas da USC, Uniemprende, busca impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, titulados e tituladas e persoal investigador, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

Os estudantes da USC reciben os premios Argos de innovación por parte do reitor da USC, Juan Viaño
Os estudantes da USC reciben os premios Argos de innovación por parte do reitor da USC, Juan Viaño

O concurso diríxese a estudantes e titulados/as de calquera das universidades galegas e dos centros asociados da UNED en Galicia en calquera área de coñecemento que, de xeito individual ou en equipos, teñan un proxecto empresarial innovador con potencialidade para converterse nunha empresa. Tamén se poderán presentar doutores ou doutoras, así como doutorandos/as, persoal de investigación e alumnado de terceiro ciclo que estea preparando unha tesiña  ou que desenvolvan actividades investigadoras en calquera centro de investigación galego. Ademais, a convocatoria está igualmente aberta a empresas xa constituídas ao longo de 2014 e durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o inicio desta convocatoria.

O prazo de presentación estará aberto ata o día 7 de abril. Outorgaranse catro premio: un de base tecnolóxica, dotado con 2.000 euros e ata 24.000 euros de financiamento mediante préstamos participativo; un na modalidade de empresa xove e outro na de muller emprendedora, dotados con 2.000 euros cada un, e un cuarto na modalidade Promoción da lingua galega, que suporá unha achega económica de 1.000 euros. As persoas interesadas poden ampliar a información sobre este convocatoria na web www.uniemprende.es.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta