O historiador Miguel Taín ingresa na Academia Xacobea como membro de número

O catedrático de Historia foi definido como "un dos máis prolíficos investigadores sobre a relación entre Europa, o Camiño de Santiago, Compostela e as peregrinacións".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2023 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

Miguel Taín, catedrático de Historia da arte na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago, ingresou este martes na Academia Xacobea como membro de número.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou na sesión solemne celebrada no Colexio de Fonseca, na que destacou de Taín a "excelencia e precisión académica" das súas investigacións e traballos.

Rodríguez, segundo informa a Xunta, subliñou que a entrada do novo membro na Academia permite ampliar a visión sobre "a historia e o papel transcendental" do Xacobeo.

O conselleiro felicitou a Taín polo seu ingreso e celebrou que a entidade se nutra de profesionais como el, "un dos máis prolíficos investigadores sobre a relación entre Europa, o Camiño de Santiago, a cidade de Compostela e as súas peregrinacións".

Fotos Xunta/Educación/Acto Academia Xacobea. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta/Educación/Acto Academia Xacobea. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta