Yolanda Díaz tira dos seus fieis galegos para impulsar Sumar

Marta Lois, de Compostela Aberta, posiciónase como presidenta de Movemento Sumar. Díaz tamén podería repescar para algún posto a Manolo Lago, o seu principal asesor. Sumar eríxese como un "movemento europeísta, plural" que busca unha "maioría progresista".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/05/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Yolanda Díaz non esperou por Podemos para impulsar o seu proxecto, Movemento Sumar. Logo do anuncio de adianto electoral de Pedro Sánchez, a vicepresidenta segunda apurou a legalización desta organización e algúns dos nomeamentos do mesmo entre os que vai situar a "fieis" da súa etapa en Galicia, entre eles, Marta Lois ou Manolo Lago.

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, ofrece declaracións aos medios durante as Festas da Ascensión, xunto con Marta Lois
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, ofrece declaracións aos medios durante as Festas da Ascensión, xunto con Marta Lois | Fonte: César Argina - Europa Press

A aínda concelleira de Compostela Aberta e que agora concorreu de décima nas pasadas eleccións (sen obter acta), Marta Lois, foi xa a persoa que figura como presidenta do partido instrumental de Sumar, Movemento Sumar. Lois é unha das persoas da contorna confianza da titular de Traballo e en marzo xa suxeriu que a tamén profesora de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), consolidarase como a persoa de referencia do proxecto.

Neste sentido, Marta Lois é un dos nomes que xa empezaron a soar en Galicia como posible integrante das listas que poida pactar o espazo 'rupturista' para as eleccións do próximo 23 de xullo como muller de confianza de Díaz.

MANOLO LAGO

Outro dos nomes que tamén soa, aínda que sen posto asignado, é o do economista galego e ex deputado da Marea-Podemos, Manuel Lago, que xa é asesor da ministra de Traballo. Lago é un dos homes de referencia de Yolanda Díaz en materia económica e leva vinculado con el xa desde a súa etapa de concelleira de EU en Ferrol, hai 20 anos.

Lago foi nomeado hai dous anos conselleiro de Navantia en calidade de representante do Ministerio de Traballo para formar parte do organismo da empresa naval. Ademais, e a petición da propia Díaz, Lago participiou activamente no movemento Por Coruña, o partido exprés que o entorno da ex ministra montou tamén para contrarrestrar á Marea Atlática e que acabou deixando a todo o espazo do cambio na Coruña sen representación. Lago pechaba simbólicamente esa lista co pai da ministra, o histórico sindicalista Suso Díaz.

SUMAR

Sumar xa está rexistrado como partido político de cara ás eleccións xerais, co obxectivo de facilitar a confluencia entre as distintas formacións de esquerda e a sociedade civil.  'Movemento Sumar', baixo a fórmula de partido instrumental, serve para "poder garantir a participación de persoas independentes e profesionais na confluencia", indican desde o colectivo conformado pola titular de Traballo.

Nesta liña, as citadas fontes indican que Sumar ten como meta "ser a casa grande da democracia", para erixirse como un "movemento europeísta, plural" e con firme vontade de "enfrontar o reto da emerxencia climática e avanzar cara a unha sociedade máis libre, máis feminista e máis igualitaria".

Ademais, debullan que traballan para concorrer ás eleccións con "todas as formacións políticas que compartan o proxecto de país para a próxima década", que garanta unha "maioría progresista" que defenda os "dereitos conquistados" esta lexislatura e permita seguir avanzando en medidas de xustiza social.

Os prazos da normativa electoral fixan un período de dez días para constituír as coalicións para a cita coas eleccións xerais, polo que Sumar e a vicepresidenta segunda aceleraron o proceso para conformar unha fronte ampla progresista sen Podemos. Tras a debacle do pasado 28M, aceleraronse as conversas entre Yolanda Díaz e Ione Belarra, pero polo momento non trascenderon detalles de como vai ser a participación nin o peso da formación fundada por Pablo Iglesias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 SOPRESA

Logo do éxito da operación "dinamitar Marea Atlántica", e logo de mollarse ata o fondo empapelando coa cara de Yolanda a cidade da Coruña para non sacar nin medio concelleiro que pode sair mal? Tone, Xiao, Sande, Lago, Faraldo... fracasando unha e outra vez desde 2020. E seguen. Creo que a xente, que parva non é, volverá a tomar nota. Ou PSOE ou BNG. Non hai máis.

1 Gamela

Presidenta Movemento Sumar (?) Alguén lembra a o presidente do Partido Instrumental En Marea (Villares) ? Agora imos aturar AutoPromociones Yolanda https://twitter.com/00Memoria/statu...