Comunidades de montes reclaman á Xunta cambios no anteproxecto de loita contra os incendios forestais

Piden incluír unha política de "monte veciñal multifuncional" e que se consideren todas as causas dos incendios non só as de orde pública.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/06/2023 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A Organización Galega de Comunidades de Montes reclamou á Consellería de Medio Rural cambios no anteproxecto de lei de loita integral contra os incendios forestais, entre eles incluír unha política de "monte veciñal multifuncional" como mecanismo e "ferramenta máis eficaz" contra estes incendios.

Faino nun comunicado e en alusión ao contido do citado anteproxecto polo que, afirma, as comunidades de montes "poden ser sancionadas cando se produza un lume nas súas terras, aínda que o lume sexa provocado por terceiros". Tamén cuestiona que se conciba este tipo de lumes no territorio galego como "un problema soamente de orde pública ao que se deben aplicar solucións unicamente policiais".

"Non se recoñece que a problemática dos lumes do territorio teñen causas estruturais como o monocultivo forestal con especies de crecemento rápido, a desordeación das masas boscosas ou o abandono do rural", apunta, entre outras.

Monte arrasado polas chamas en Padornelo
Monte arrasado polas chamas en Padornelo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta