'Motel Valkirias' galardoada co 'Premio Europeo Circom' en San Sebastián

A Televisión de Galicia foi a encargada de recoller o premio.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/06/2023 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia recolleu o 'Premio Europeo Circom', celebrado este xoves pola noite en San Sebastián, pola serie 'Motel Valkirias', no apartado de ficción e entretemento. Recibiron o galardón o director de Proxección Social da Corporación, Xaime Arias, e o director creativo da produtora CTV, Ghaleb Jaber Martínez.

A serie 'Motel Valkirias' é unha coprodución entre CTV e SPi, de España e de Portugal, que ademais conta co apoio da Agadic, da Xunta de Galicia, de PIC Portugal, de Turismo de Portugal e a colaboración da Deputación de Ourense e da Cámara Municipal de Montalegre.

A serie é un western fronteirizo protagonizado polas actrices María Mera, Mariña Mota, Maria João Bastos e o gañador dun Goya, Chechu Salgado.

A Televisión de Galicia recolle o 'Premio Europeo Circom' en San Sebastián pola serie 'Motel Valkirias'. TELEVISIÓN DE GALICIA
A Televisión de Galicia recolle o 'Premio Europeo Circom' en San Sebastián pola serie 'Motel Valkirias'. TELEVISIÓN DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta