Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2023 | Actualizada ás 17:04
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, celebrou unha reunión esta semana con oito centros de investigación, pertencentes á Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (Cigus), para implementar un plan de traballo centrado na investigación, a formación persoal e a perspectiva de xénero.
Rodríguez destacou a importancia de levar a cabo "acciones estratéxicas e coordinadas". Ademais, ponderou que a colaboración destes centros "contribúe a consolidar a súa excelencia, aumentar o seu impacto social e situar ao sistema de investigación universitario galego como referente científico no ámbito nacional e internacional".
Segundo trasladou a Consellería, nesta cita de traballo estiveron representados os equipos directivos do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (Citic), do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus), do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (Ciqus), do Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius), do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (Atlanttic), do Centro de Investigación Mariña (CIM) e do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio).
Ademais, participaron Carmen Vea, investigadora do Grupo de Traballo de Alto Nivel; Lluís Rovira, director dos centros de investigación de Cataluña, e Luís Sanz-Menéndez, investigador do Instituto de Políticas e Bens Públicos do CSIC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.