Mozos e mozas contan os problemas de saúde mental en reportaxes elaborados por eles

Este venres, 9 de xuño, preséntase no CGAC o resultado da terceira edición de A Tribo, un proxecto de Agareso e Igaxes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/06/2023 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

Vídeos e imaxes para afrontar a realidade da saúde mental na mocidade. O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle este venres, día 9, a estrea das curtametraxes coas que 21 mozas e mozos de entre 14 e 20 anos quixeron chamar a atención sobre o impacto que ten a vulnerabilidade familiar, social e económica na saúde mental das adolescentes en risco de exclusión. A proxección, na que participarán as autoras e autores, será ás 18h e o acceso será libre e gratuíto.

Mozas e mozos en risco de exclusión alertan sobre a situación da saúde mental na infancia e na adolescencia vulnerable
Mozas e mozos en risco de exclusión alertan sobre a situación da saúde mental na infancia e na adolescencia vulnerable | Fonte: Agareso

A rapazada da Tribo é moi diversa e non se coñecía previamente, pero o interese pola saúde mental foi unánime dende o primeiro momento. Querían aproveitar a oportunidade que lles ofrecía o obradoiro de comunicación participativa do proxecto para informarse sobre os principais transtornos que observan no seu día a día: a ansiedade, a depresión e as adiccións, para poder despois trasladar o aprendido ao conxunto da sociedade.

Fixeron enquisas na rúa, para comprender o que pensa a sociedade sobre a saúde mental das e dos adolescentes, e entrevistaron a psiquiatra Iria Veiga, que lles explicou os síntomas e as causas das afeccións que máis lles preocupan, así como dos recursos dispoñibles para mellorar a vida das persoas que as sofren. Con ela, falaron de xenética, de hábitos e do extraordinario impacto que ten o contexto sobre a saúde mental das persoas. N

as dúas pezas xornalísticas que realizaron, advirten sobre o tremendo impacto que ten na saúde mental a vulnerabilidade económica e social durante a infancia e a adolescencia. E poñen no punto de mira a carencia de recursos, a psiquiatrización, a sobremedicación e a violencia que sofren as persoas con estes transtornos por parte da sociedade e das institucións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta