Segundo un estudo de Unicef, o 94,8 % dos adolescentes dispón de móbil con acceso a Internet, cunha idade medio de acceso ao primeiro dispositivo de 10,96 anos. O 50,5 % teñen conexión á rede por contrato. Dende o Galicia Confidencial falamos cos psicólogos Joaquín González-Cabrera e Juan Manuel Machimbarrena, creadores de Safety.net, da necesidade da prevención conxunta de ameazas 'online'.
  comenta   0
Actualmente hai xa un 30 % de adoslecentes que comezan a presentar problemas de conduta relacionados co uso dos móbiles e das pantallas, dos cales arredor dun 3 % poderían ser considerados adictos no sentido máis estrito da palabra. A taxa de ideación suicida en menores sitúase nun 12,7 %.
  comenta   0
Teñen 16 e 15 anos e son os presuntos autores dunha brutal malleira despois de que o home lles chamase a atención por alborotar.
  comenta   0
O psicólogo experto en dependencia e profesor da UVigo, Manuel Isorna, asegura que fumar un porro hoxe en día equivale a fumar cinco consecutivos nos anos 90. "Se fai 20 anos un porro tiña un 5 % de droga, hoxe en día, despois de modificar xeneticamente a planta, conta cun 25 % de THC", advirte.
  comenta   0
A psicóloga Nadia Peláez explica que "o uso de cascos non é malo en si mesmo, porque moitas veces tamén pode axudar a desconectar, o que acontece é que si que se aprecia unha tendencia entre os máis novos, igual que pasa co móbil e outros dispositivos, a abusar destas ferramentas".
  comenta   0
Este mozo de 18 anos está logrando que a música da gaita se viralice entre os adolescentes grazas ás súas versións con este instrumento de cancións populares de Quevedo ou Kiko Rivera.
  comenta   0
O psicólogo Roberto Antón Santiago asegura que "se tende moito a estigmatizar este tipo de cousas e de condutas propias da adolescencia, como se todo o que fan os rapaces e as rapazas fose problemático, sen lembrarnos de que nós faciamos o mesmo aínda que fose doutro xeito".
  comenta   0
Será este sábado e agárdanse moitas sorpresas, con temas sociais presentes relacionados con Palestina ou Altri.
Óscar Clavell, asegurou que o acoso escolar en España "sófreno a diario miles de nenos e mozos simplemente por ir ao colexio ou ao instituto".
  comenta   0
A maior parte das desaparicións son voluntarias e motivadas por rifas familiares ou por perderse en zonas de gran concentración de persoas.
  comenta   0
O autismo non se pode definir como unha soa cousa, cuns patróns que se reproducen en todas as persoas por igual, senón que é tan diverso que se fala de espectro autista. Dende o Galicia Confidencial, no Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, falamos con Ana Otero Carreiras, directora técnica de Aspanaes, que nos achega a unha realidade que afecta a unha de cada cen persoas.
  comenta   0
O doutor Alexandre Docampo, dermatólogo pertencente á Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía (AEDV), asegura que "sen lugar a dúbidas" están vendo na consulta cada vez máis nenos e adolescentes que usan cremas. Para os mozos, "usar protección solar e lavarse a cara mañá e noite sería suficiente, non moito máis", e "un exceso de cosméticos nalgúns casos pode dar problemas".
  comenta   0
Desde o Colexio de Ópticos e Optometristas de Galicia reivindican a necesidade de revisións visuais periódicas como prevención. A súa presidenta, Esther Amaro, apunta a que o "80% da información que chega ao noso cerebro, faino a través dos ollos".
  comenta   0
Alerta de que cada vez máis mozos fuman, aínda que a tendencia na poboación xeral é a diminuír o consumo de tabaco. Unha de cada catro nenas de 13 a 15 anos fuman. A Citisina está a ser un eficaz tratamento que axuda a que un 30 ou 40 % dos fumadores deixen o hábito.
  comenta   0
O próximo 18 de marzo reunirase a comisión de expertos do Plan de Prevención do Suicidio. Entre os asuntos a tratar, explicou García Comesaña, actualizarase o mapa de "puntos negros" de suicidios e escoitaranse as propostas e recomendacións dos profesionais sobre medidas respecto diso.
  comenta   0
Fran Allo é traballador social na Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog), encargado de informar e apoiar ás familias cando lles dán o diagnóstico do seu fillo. Sempre lles lembra que "hai un recurso permite que cando os dous proxenitores traballan, un poida solicitar a redución de xornada ata o 99,9 %, e a empresa ten que pagarlle igual, porque se entende que o seu traballo é estar ao coidado do seu fillo".
  comenta   0
O doutor en Psicoloxía e profesor da USC Antonio Rial Boubeta plantéxase repensar como se están abordando os casos de agresións: a policía debe estar formada para darlle confianza á vítima, non xulgala; habería que pensar se é preciso chamar aos pais ao momento; deberían poñerse os medios tanto xudiciais como psicolóxicos precisos dende as propias Administracións...
  comenta   0
Máis de 5.000 adolescentes galegos son adictos aos videoxogos e, vinculados a eles, poderían volverse adictos ás apostas deportivas e outro tipo de xogos de azar. O profesor da USC Antonio Rial Boubeta alerta dos perigos. A OMS recoñece os videoxogos como unha adicción dende 2022, o plan contra as adiccións galego aprobouse no 2011
  comenta   0
Dende Ecoloxistas en Acción veñen de publicar unha guía básica para nais, pais e docentes sobre medios dixitais, titulada 'Medrar de forma saudable nun mundo dixital', coa que pretenden respostar, aportando evidencias científicas e datos, ás preocupacións dos pais e minorar as problemáticas da dixitalización na educación e na vida cotiá.
  comenta   0
O deputado no Congreso Íñigo Errejón e a candidata á presidencia da Xunta de Sumar Galicia, Marta Lois, deron a coñecer este sábado, Día Mundial da Loita contra a Depresión, en Santiago de Compostela, algunhas das propostas da formación en materia de saúde mental. Son as seguintes:
  comenta   0
O conselleiro de Educación descoñece se houbo incidencias nas primeiras horas do novo protocolo, pero advirte que é "un proceso".
  comenta   0
"Unha boa bebida deportiva vai ter un sabor salado que non nos resulta tan agradable como o que pode ter un refresco ou unha bebida enerxética", explica a nutricionista Eva Anca. "Eu traballo con nutrición deportiva e cando é preciso que unha persoa recorra a esa suplementación de bebida de esforzo, dende logo, o último que recomendo é un Powerade ou un refresco".
  comenta   0
Na Unidade de Esclerose Múltiple do Hospital Clínico Universitario de Santiago diagnostícanse cada ano entre 25 e 30 enfermos, dos que preto do 30 % veñen doutras áreas sanitarias para unha segunda opinión e, en moitos casos, para tratamento.
  comenta   0
Dende Galicia Confidencial preguntamos a dous nutricionistas, Santiago Groba e Susana Rodríguez, pola súa opinión sobre a 'comida lixo' que está ao acceso tanto físico como económico de calquera rapaz e adolescente galego.
  comenta   0
Un Monster de 500 mililitros ten uns 180 gramos de cafeína; un Red Bull, de 250 mililitros, ten 80; un café de tamaño medio, duns 240 mililitros, ten 135. Pódese chegar a sentir o mesmo efecto estimulante cun café? Si, pero "o problema é que estamos a falar de que ese consumo coas bebidas enerxéticas estase a realizar nun período moi curto de tempo". Así nolo contan os nutricionistas Santiago Groba e Susana Rodríguez.
  comenta   0
"Moitos papás din que teñen programas de control parental instalados nos dispositivos dos seus fillos, pero non saben que hai outros programas que os rapaces coñecen e que son capaces de vulnerar ese control parental", conta Caldeiro, que asegura que, así as cousas, "o que fai falta é máis dedicación e tempo, dentro dunha sociedade tan apurada".
  comenta   0
Isabel Calvete, presidenta da Confederación de Anpas Galegas, demanda á Xunta que se inclúa nos centros educativos a figura da enfermeira escolar, para concienciar aos rapaces, pois "prohibir que se poñan carteis publicitarios destas substancias a menos de 200 metros dos centros escolares non é suficiente, porque o neno non vai pola rúa mirando os valados publicitarios, vai mirando o móbil, esa é a realidade: vamos ter unha xeración de nenos e nenas con chepa".
  comenta   0
Galicia como a segunda comunidade coa porcentaxe máis alta en exceso de peso, tan só superada moi de preto por Estremadura, co 62,1 %. Un estudo a nivel estatal apunta que a obesidade afecta ao 22,5 % dos adultos e ao 9,7 % dos nenos e adolescentes galegos
  comenta   0
A normativa que contempla a prohibición do consumo de bebidas enerxéticas e vapeadores tamén abre a porta a esta posibilidade. Así, os mozos e mozas de 16 e 17 anos poderán compartir espazo cos maiores, pero non gozarán de pulseira para pedir alcol en barra. Será algo positivo para o sector? Como se executará? Cando entrará en vigor? Falamos cos propietarios de Pelícalo e Século IX.
  comenta   0
As novas tecnoloxías trouxeron consigo novas formas de violencia de xénero, como a violencia sexual, presente na pornografía, á que ten acceso calquera adolescente, aínda sendo menor de idade. Nela reprodúcense estereotipos e roles de xénero vinculados á cultura heteropatriarcal, sobre os que se constrúe en gran parte a identidade sexual dos mozos e mozas galegos.
  comenta   1
Cando se cumpren 34 anos da aprobación na Asemblea Xeral da ONU da Convención sobre os Dereitos do Neno, Unicef Comité Galicia e a Plataforma de Organizacións de Infancia Galicia animaron a conmemorar a celebración, no ecuador, así mesmo, da Axenda 2030, momento para avaliar o grao de cumprimento.
  comenta   0