Miguel Ángel Santalices: "O mundo necesita do talento da mocidade para edificar unha sociedade mellor"

A Cámara galega acolle o XI Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-Unicef, que rende homenaxe a O Hematocrítico.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/11/2023 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, animou á mocidade a esforzarse durante a súa etapa formativa xa que o mundo necesita do seu "talento" e "capacidade" para edificar unha sociedade mellor. A Cámara galega acolleu este martes o XI Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-UNICEF, unha actividade que se enmarca no Pacto Galego pola Infancia ratificado polos grupos que integran o lexislativo autonómico.

O pleno infantil contou coa participación de nenos, nenas e adolescentes, así como de representantes dos grupos e dos consellos locais de participación infantil e adolescente da Laracha, A Coruña, Burela, Cedeira, Nigrán, Moaña, Moeche, Ponteareas, Redondela, Teo, Tomiño e Viveiro. No acto, os participantes entregaron ao Parlamento un cadro realizado con Leandro Lamas no III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente.

VÍTIMAS COLATERAIS

Na súa intervención, o presidente do Parlamento de Galicia referiuse á guerra de Ucraína e á de Israel con Hamás, "conflitos complexos que sempre se saldan con vítimas colaterais". Neste sentido, lembrou "aos nenos israelís masacrados e secuestrados" e tamén á "infancia palestina que convive a diario co terror e coa morte".

Ademais, animou aos participantes a coidar a súa saúde física e mental e a practicar deporte con regularidade, mellor en equipo, para estimular valores como a "lealdade, a solidariedade e o esforzo". Santalices agradeceu o traballo que desenvolve Unicef no impulso e a creación de espazos seguros para a infancia, desde os que se axuda a impulsar o potencial dos nenos e nenas. O Pleno infantil Parlamento-Unicef contou tamén coa intervención da presidenta de Unicef Comité Galicia, representantes do tres grupos parlamentarios e do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica da Xunta.

HOMENAXE A MIGUEL LÓPEZ, O HEMATOCRÍTICO

O presidente do Parlamento iniciou a súa intervención cun recordo para o escritor e creador de contidos Miguel López, O Hematocrítico, falecido o luns, para o que pediu un aplauso aos participantes.

A Cámara galega acolle o XI Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-Unicef, que rende homenaxe O Hematocrítico
A Cámara galega acolle o XI Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-Unicef, que rende homenaxe O Hematocrítico | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta