Val do Dubra terá un goberno bipartito, entre PSOE e Anova

O acordo, que desaloxa ao PP, divídese nun 50% e ambas as formacións coinciden en que "non houbo dificultade na repartición".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2023 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O Concello coruñés de Val do Dubra terá durante os próximos catros anos un goberno bipartito entre PSdeG-PSOE e a formación nacionalista Anova, cunha Alcaldía gobernada polo socialista Diego Luís Díaz Méndez.

Nas eleccións municipais, PSdeG e Anova obtiveron tres concelleiros cada un e o PP cinco. Desta forma, os socialistas, encabezados por Díaz, e Anova, con Antonio Negreira Noya, anunciaron este mércores en rolda de prensa un acordo para conformar o goberno local desde este sábado.

Negreira fixo referencia a que había un mandato dos veciños e "había que facer un goberno de esquerdas". "Coincidiamos en que o PP non podía continuar porque creo que a xestión que se fixo foi moi mala e a situación histórica do concello deixa moito que desexar", explicou o de Anova.

Así, a proposta de goberno divídese co 50% en todo, segundo explicou Negreira. Desta forma, detallou que fixeron unha división de seis áreas para organizarse en función dos seis concelleiros que son. Nesta liña, Anova quedará con obras e servizos; educación, cultura e promoción do emprego; medio rural, patrimonio e innovación ou tecnoloxía.

Pola súa banda, o futuro alcalde remarcou que desde o primeiro momento tiña claro que o traballo "tiña que ser coral". "Eu veño para ser alcalde, pero para ser un alcalde que poida sacar cousas adiante, á miña iso parecíame vital e que responde ao que a xente demandou", esgrimiu.

Por tanto, o socialistas quedáronse con todo o que ten que ver coa administración xeral --servizos básicos, lixo, urbanismo, mobilidade--; a área de economía, facenda, turismo e igualdade; e cos servizos sociais.

"VITAL SANTIAGO DE COMPOSTELA"

Por outra banda, a preguntas dos medios sobre esa expansión de cidade por parte do goberno compostelán a traballar cos concellos limítrofes, e o feito da integración de Compostela Aberta no goberno, facilitará esa expansión.

Así, o de Anova sinalou que o concepto comarca "debe ser independente dos gobernos que haxa". "Os proxectos duran máis de catro anos, a vida esténdese e hai que crear hábitos e modelos", incidiu.

Anova Val do Dubra
Anova Val do Dubra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta