Publicado a listaxe definitiva dos 459 enfermeiros seleccionados por concurso de méritos no Sergas

Agora, ábrese un prazo dun mes para a presentación de diferente documentación por parte dos seleccionados

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2023 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución do Servizo Galego de Saúde (Sergas) coa lista definitiva dos 459 enfermeiros seleccionados que terán praza no proceso de estabilización por concurso de méritos.

Había un total de 2.768 aspirantes admitidos. Pola quenda de acceso libre foron seleccionadas 427 persoas, mentres que son 32 as persoas da modalidade de discapacidade. Así, un 90,6% dos aspirantes no proceso son mulleres, con obtención de praza polo 92,8% delas. Entre os participantes, un 86,9% están vinculados actualmente ao Sergas.

Nun comunicado, a Consellería de Sanidade destaca que "Galicia é a primeira comunidade autónoma "en resolver o concurso de méritos para a categoría de enfermaría no proceso de estabilización derivado da lei 20/21 de 28 de decembro, de medidas urxentes para reducir a temporalidade no emprego público.

O Sergas resolveu en catro meses o proceso --tras a revisión das reclamacións polo tribunal-- desde o fin do prazo de inscrición. Agora, coa publicación desta resolución ábrese un prazo dun mes --finaliza o 17 de xullo-- para a presentación de diferente documentación por parte dos seleccionados. Posteriormente, ofertaranse os destinos a elixir as institucións sanitarias galegas e tomarase posesión das prazas.

Vacina, inxección, campaña de vacinación, enfermeira, enfermaría, paciente, hospital, centro de saúde.. XUNTA - Arquivo
Vacina, inxección, campaña de vacinación, enfermeira, enfermaría, paciente, hospital, centro de saúde.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta