Lara Méndez, investida alcaldesa de Lugo co apoio do BNG, reivindica a "continuidade" do seu proxecto

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2023 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia



A socialista Lara Méndez foi investida este sábado por segunda vez consecutiva como alcaldesa do goberno bipartito de Lugo cos votos a favor dos seu oito concelleiros socialistas e os cinco nacionalistas liderados polo portavoz Rubén Arroxo.

"Nos próximos catros anos daremos continuidade a estas estratexias", reivindicou, nunha sesión plenaria na que os 12 concelleiros do PP votaron á súa candidata, Elena Candia.

No seu discurso, Méndez pediu a toda a corporación que "non decepcionen aos lucenses". "A eles debémonos, non os decepcionemos. Por Lugo e para Lugo", concluíu.

O pleno arrincou ás 12,00 horas deste sábado e Lara Méndez tomou o bastón de mando sobre as 12,40 horas tras procederse á votación na que a alcaldesa obtivo 13 apoios.

Os 25 novos edís xuraron ou prometeron o seu cargo. Con todo, os representantes do Bloque, que optaron pola fórmula "por imperativo legal" e portaban un exemplar de 'Sempre en Galiza' de Castelao, comprometéronse a "defender os intereses xerais dos veciños de Lugo e os dereitos nacionais do pobo galego".

Lara Méndez e Rubén Arroxo, asinan o acordo de goberno de Lugo para o próximos catro anos. CONCELLO DE LUGO
Lara Méndez e Rubén Arroxo, asinan o acordo de goberno de Lugo para o próximos catro anos. CONCELLO DE LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta