Imputan un lume que queimou 0,61 hectáreas en Vimianzo a un veciño que realizou unha roza

As dilixencias remitíronse ao xulgado de instrución en funcións de garda de Corcubión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2023 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

Un home está investigado como autor dun delito de incendio por causar un lume que queimou 0,61 hectáreas no municipio coruñés de Vimianzo cando realizaba unha roza con maquinaria pesada.

Segundo informou a Xunta este martes, o incendio produciuse o pasado 25 de maio na parroquia de Berdoias, onde foron localizadas varias piedas con marcas dunha rozadora de cadeas.

Así o determinou a investigación do corpo dedicado aos lumes forestais da Policía Autonómica en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural.

As pescudas apuntan como causa do lume á realización dunha roza forestal cun tractor e unha máquina de cadeas, que fixo saltar faíscas no seu contacto coas pedras que iniciaron as chamas.

Os axentes remitiron as dilixencias ao xulgado de instrución en funcións de garda de Corcubión. No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou a un total de 12 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta