'Opera Studio', como facer para que a ópera chegue ao pobo

Este proxecto quere aproximar a ópera ás pequenas vilas do rural galego a través dun festival que sirva para axudar a dar a coñecer aos músicos máis mozos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/06/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Fran Pérez é un músico que cree que na sociedade na que vivimos debe haber cabida para todos os estilos musicais e sobretodo para a lírica, o xénero no que él está especializado. Por iso, xunto con Paula Bereijo e Aida Lozano, crearon o proxecto Opera Studio, un curso de perfeccionamento musical que terá lugar entre o 17 e o 27 de agosto en Cedeira e que culminará coa representación da opera "Los Elementos" do mallorquín Antonio Literes.

I Edición 'Opera Studio'
I Edición 'Opera Studio'

Este ano terá lugar a segunda edición deste proxecto que nace con dous obxetivos claros. En primer lugar, acabar creando un festival deste tipo de música antiga e en segundo lugar ser o nexo entre os rapaces e rapazas que acaban o seus estudos de música e queren entrar no ámbito profesional. "Cando queres adentrarte no mundo profesional da música é necesario ter curriculum pero se nunca tes a oportunidade de traballar é inviable ter ese curriculum", defende Fran, que considera que obter experiencia neste entorno, os primeiros anos, "é moi dificil".

PRIMEIRA EDICIÓN

O ano pasado tivo lugar a primeira edición onde se representou a opera "Dido e Aeneas". "Foi brutal a todos os niveis" recorda Fran e engade, "ao final foi un proxecto moi grande que deu moito traballo, tiñamos ata que comer alí". Aínda así, os tres están de acordo en que foi un proceso moi satisfactorio, sobre todo cando viron o que foran capaces de crear e sentironse moi emocionados co resultado.

E os datos falan por si sós, Aida, Paula e Fran non foron os únicos que quedaron encantados coa representación, xa que pese a só ter unha actuación prevista, o recibimento da xente foi tan grande que foi necesario facer outra máis para que todos puideran ter a oportunidade de vela.

Creadores de 'Opera Studio'
Creadores de 'Opera Studio'

EXPECTATIVAS

Dentro das expectativas que ten este proxecto a longo plazo, Fran explica que lles gustaría chegar a un maior ámbito xeográfico, xa que este tipo de actuación ou representación non soen ter visibilidade en vilas e pobos senón en grandes cidades debido ao alto custo das mesmas. Por eso, gustarialles que comezase a ter presenza esta música nas zonas máis pequenas.

Ademais, gustarialles chegar a concellos coma os do Valdoviño aproveitando a denominación do xeoparque como indicación xeográfica protexida e así chegar tamén á comarca Ferrolterra e Ortegal.

Finalmente gustarialles, que todo esto acabase na formación dunha compañía na que poder traballar e ensinar aos interesados na lírica. Fran recorda que este " é un proxecto sen ánimo de lucro que facemos de maneira altruísta". De feito os tres viven doutros traballos que non teñen que ver con `Opera Studio´.

FINANCIACIÓN

No eido do financiamento Fran lamenta que de todas as subvencións que pediron o ano pasado, ningunha chegou a bo porto pero espera que este ano a sorte cambie, aínda así seguen a espera das resolucións.

Por outra parte, a metade do finaciamento procede da contratación do espectáculo por parte de Concello de Cedeira que lles permite facer fronte á metade dos gastos. Na outra metade encontrase o tecido empresarial do concello e nos propios veciños que, na medida que poden, axudan dunha maneira ou doutra a este proxecto. Polo tanto, como di Fran, "a unión do pobo" fai posible que este saía adiante.

Pola súa banda, este ano decidiron realizar un crowfunding no que irá incluída a entrada e tamén haberá dispoñible merchandising, dentro dos que se atopan duás camisetas deseñadas para a ocasión. O custo desta entrada será simbólico, entre 2 e 3 euros.

OUTROS RECLAMOS

Fran aproveita tamén para recordar que en Galicia hai moito material de valor que se debería aproveitar neste eido da música antiga, recuperala e poder seguir transmitindoa. O que pasa é que, segundo afirma "hai que ter tempo para adicarse a traducir e transcribir todos esos textos e adaptalos polo que é necesario ter recursos". E recorda que "é fundamental poñer en valor todo o que temos na nosa terra".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta