Saír do armario no traballo mellora a produtividade?

8 de cada 10 profesionais cren que un espazo laboral diverso favorece a produtividade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/06/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O II Informe 'Diversity at work. O colectivo LGTBQI+ na empresa española' elaborado por ManpowerGroup establece que saír do armario no traballo ten consecuencias positivas tanto para profesionais, como para empresas. Este informe recolle o testemuño de máis de 5.000 persoas dunha quincena de países, principalmente europeos, entre os que se atopa España.

Reunión de traballo
Reunión de traballo | Fonte: sende.co.

De acordo a este estudo, o colectivo LGTBIQ+ no noso país mellora a súa situación respecto á análise de 2021 e móstrase máis optimista que no resto de Europa. O motivo principal é que a metade de profesionais LGTBIQ+ presentanse tal e como son na súa empresa. "Crear contornas de traballo diversos e inclusivos en materia LGTBIQ+ ten un impacto real no benestar dos equipos e tamén para a propia produtividade. A pesar dos avances, é necesario apostar por políticas reais de Diversidade, Equidade e Inclusión para mellorar a atracción e fidelización do talento" defende Vicenç Álvaro, director de Mercadotecnia para o sur de Europa de ManpowerGroup.

Outros dos datos que reflexa o informe é que o feito de saír do armario axuda ás persoas e aos seus equipos, a maior diversidade, tamén crece o grao de innovación e produtividade, 8 de cada 10 profesionais cren que un espazo laboral diverso favorece a produtividade e 9 de cada 10 que mellora a innovación e o desenvolvemento de novas ideas. Pola súa banda, o 44% das persoas LGTBIQ+ considera que a súa propia produtividade mellora tras facer pública a súa orientación sexual ou identidade de xénero na súa contorna de traballo; lixeiramente por encima da media europea (42%).

Pero aínda así queda moito camiño, pois saír do armario no lugar de traballo é unha cuestión que se ve afectada o nivel xerárquico: mentres 7 de cada 10 profesionais en posicións directivas compárteno, só un 31% en postos junior faio. Iso si, este último dato mellora en 4 puntos o resultado de 2021. Son, precisamente, as persoas en posicións de liderado quen están a marcar o camiño, cun 47% de líderes que saen do armario dun modo visible en toda a empresa,15 puntos por encima de 2021.

PAPEL DAS EMPRESAS

 

Aínda que as corporacións españolas contan cada vez máis con políticas claras en favor da diversidade e a inclusión, aínda hai unha aposta tímida en canto á inclusión do colectivo LGTBIQ+, pois, segundo a enquisa, menos de 2 de cada 10 empresas ten programas de diversidade dedicados especificamente a favorecer a este colectivo, a pesar de que o 42% das organizacións apóiao publicamente.

Por industria, segundo os propios empregados, as empresas tecnolóxicas son as máis inclusivas (3,91 sobre 5), seguidas polas empresas do Terceiro Sector (3,89) e de Loxística (3,87). No lado contrario, coa puntuación máis baixa en canto a nivel de apertura, as organizacións do sector Primario (2,94).

Pero esto non é suficiente xa que violencia verbal segue presente nestes entornos laborais, 4 de cada 10 persoas LGTBIQ+ sufriron ou asistiron a episodios de agresións verbais no traballo; co agravante de que na metade de ocasións estas son propiciadas por parte de persoas en posto de liderado. Un 32% de profesionais revela que foi testemuña de discriminación a persoas do colectivo no traballo. Ademais, a porcentaxe elévase ao 50% entre persoas trans ou non-binarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta