Cousas que deberías ter a punto no coche nas vacacións

Os pneumáticos, o aceite, os freos ou as luces son alguntúas has das partes do vehículo que hai que revisar para evitar sustos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/07/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Comeza a temporada estival e con ela os desprazamentos en coche para aproveitar o bo tempo e as vacacións, por iso, é imprescindible ter o coche a punto para evitar sustos e sorpresas na carretera e ter as vacacións idílicas que se levan todo o ano imaxinando.

Varios coches
Varios coches | Fonte: Alberto Ortega

Hoxe, dende o Galicia Confidencial, decidimos facilitarvos o traballo e facer unha listaxe das cousas que deben ser revisadas antes da saída. En primeiro lugar os pneumáticos, se este ten unha profundidade do debuxo de 1,6 milímetros ou por baixo, quere dicir que está desgastado e hai que cambialo. Tamén hai que comprobar que non teñen picadas, vultos, cortes, gretas e que non están cuarteados.

En segundo lugar comprobar o aceite e enchelo se é necesario. Recomendamos facelo co motor en frío para que os datos sexan o máis realistas posibles. En terceiro lugar os freos, porén hai que revisar o estado dos discos, das pastillas e por suposto o líquido de freos. Un mal estado dos freos pode ter consecuencias fatales. Os filtros de aceite, de habitáculo, de aire e de combustible tamén son de vital importancia polo que debese comprobar o seu estado para evitar a diminución da presión do aceite, danar o motor con impurezas, un mal funcionamento do aire acondicionado ou danar o rendemento do vehículo.

En quinto lugar debemos revisar o refrixerante para evitar o sobrequentamento do motor, neste caso aconsellamos facelo nun terreo chá e horizontal co motor apagado e frío. A batería non debe esquecersenos e debemos comprobar o seu estado. En séptimo lugar, verificar o funcionametno de todas as luces do coche. En oitavo lugar os amortiguadores xa que é o que nos permite manter o vehículo baixo control.

Ademais, non hai que esquecerse do cinto de seguridade, algo que é imprescindible para manter a seguridade durante a viaxe. Finalmente, aínda que non pareza importante, hai que mirar se temos líquido limpaparabrisas xa que non asegurará unha boa visibilidade da estrada e evitará posibles accidentes.

Todo isto pódelo comprobar ti mismo ou acudir a un taller onde profesionais faran estas comprobacións e arranxarán o necesario. Un destes profesionais e Norauto que recomenda circular durante un pequeno período de tempo para ver se todo vai correctamente ou hai algún ruído estrano, nese caso haberá que acudir a un taller para facer unha revisión máis en profundidade.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta