Acordo entre PSdeG e BNG para as deputacións pedindo transparencia e que a Xunta asuma as súas competencias

Todo iso para "seguir profundando nun modelo alternativo ao do Partido Popular", no que garantir a equidade na xestión de recursos sexa "o principal sinal de identidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego selaron este venres un acordo marco para a conformación dos gobernos das deputacións da Coruña e Lugo que apela á transparencia na xestión provincial e pide tamén que a Xunta asuma as súas competencias.

Rubricado polos responsables de Organización de cada unha das formacións --Bieito Lobeira (BNG) e José Manuel Lage (PSdeG), subliña que as deputacións "non están adaptadas á realidade social e territorial" do país, pero recoñece que "forman parte da realidade política e administrativa actual".

Deste xeito, tras explicitar a postura do Bloque partidaria de suprimir estas institucións e do PSdeG de reformalas para a súa modernización, destaca a vontade de ambas as formacións de avanzar nunha "decidida política de delimitación" das competencias dos entes provinciais para transferir á Xunta as consideradas impropias, á vez que avogan por profundar na transparencia na toma de decisións.

Todo iso, tal e como sinalaron ambas as formacións nun comunicado conxunto, para "seguir profundando nun modelo alternativo ao do Partido Popular", no que garantir a equidade na xestión de recursos sexa "o principal sinal de identidade".

"O modelo de xestión das deputacións provinciais plasmado nos diferentes gobernos compartidos por socialistas e nacionalistas ao longo destes anos é radicalmente diferente a aqueles onde a dereita conservadora e caciquil goberna a institución provincial", sinala o documento, que asegura que a asignación de fondos públicos a concellos con criterios obxectivos e con plans estruturados é un sinal claro dos gobernos alternativos do BNG e PSOE. Todo iso fronte a unha "dereita caciquil" que "segue repartindo de forma discrecional".

Neste sentido, ambas as forzas deixan claro o seu compromiso coa "desaparición de todo tipo de arbitrariedade, discriminación ou favoritivismo" e reafirman que o obxectivo da súa acción de goberno desde os entes provinciais é "garantir a igualdade de servizos básicos para toda a poboación".

As dúas formacións explican que, en paralelo a este acordo marco, PSdeG e BNG pecharon o xoves a negociación para cogobernar e constituír este venres a Deputación de Lugo. Ademais, nos próximos días farase o propio coa Deputación da Coruña, que se constituirá o 18 de xullo.

COMPETENCIAS

En relación ás competencias, destaca que se acometerá ao longo deste mandato nas deputacións unha "decidida política de delimitación das súas funcións, axustándoas ao seu estrito marco competencial". Así, apostan pola transparencia á Xunta de todos os equipamentos e servizos impropios que deben ter unha articulación a nivel galego e que aínda prestan as deputacións, como centros de menores, bibliotecas ou museos; así como pola transferencia á Administración autonómica da rede viaria principal interurbana.

En canto aos orzamentos, comprométense a elaborar distribuír os recursos con base en criteiros obxectivos e que aseguren corrixir desequilibrios territoriais. Todo iso, garantindo a "equidade absoluta" coa "desaparición de todo tipo de arbitrariedade, discriminación e favoritismo".

GOBERNOS NON PRESIDENCIALISTAS

O texto apusta por grantizar a maior participación dos grupos políticos nas decisións e garantir gobernos non presidencialistas, "eliminando as partidas de uso discrecionar por parte de quen exerza a presidencia". Ademais, avógase por tomar decisións colexiadas por consenso sobre todos os eixos de traballo respectando a posterior autonomía de xestión.

Unha comisión de seguimietno partidiaria entre as dúas organizacións avaliará o cumprimento do aceurdo e establecerá as medidas correctoras necsarias para o seu desenvolvemento.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.. PSDEG
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta