Estafan uns 180.000 euros prometendo pisos e coches a bo prezo

Por E.P. | OURENSE | 06/07/2023 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

Axentes da Polícía Nacional da Comisaría de Ourense detiveron a unha parella como presuntos autores dun delito de estafa, tras enganar a unha vítima con falsos investimentos inmobiliarios e con venda de vehículos que nunca entregaban.

A vítima coñeceu á parella a través dun terceiro, con motivo da venda dun vehículo. Tras ese primeiro contacto, os dous sospeitosos convencérona para investir diversas cantidades de diñeiro na compra de pisos procedentes de poxas a baixo prezo, conseguidos a través dun 'subasteiro'.

Confiando na viabilidade das operacións, a vítima realizou varias transferencias por máis de 100.000 euros a contas das que era titular a investigada, coa que acabou establecendo unha relación de amizade.

A parella íalle pedindo diñeiro mediante engano para adquirir pisos por todo o territorio español, e así mantiveron o engano durante dous anos, grazas a que chegaron a instalar á vítima nuns dos pisos que adquiriran, e mesmo deron de alta ao seu nome servizos de auga e luz.

A estafa completábase con outros falsos investimentos e compra de vehículos. A vítima chegou a entregar ao investigado 65.000 euros en man en concepto de préstamo persoal que nunca lle devolveu.

A parella chegou tamén a enganar á parella da vítima, de quen obtiveron outros 45.000 euros para a suposta compra dun vehículo. Por estes feitos, a finais de maio pasado a Policía procedeu á detención dos dous sospeitosos, que logo foron postos a disposición xudicial. A investigación continúa aberta e non se descarta que outras persoas puidesen participar na estafa e que haxa máis vítimas.

Coche da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL
Coche da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL

DOSES COCAÍNA

Por outra banda, unha muller, veciña de Porto do Son (A Coruña), foi investigada pola Garda Civil tras ser sorprendida con 22 dose de cocaína no interior do seu bolso.

En concreto, os feitos ocorreron durante unha inspección a un establecemento público de Porto do Son, onde a investigada trataba de retirar da vista un bolso que se atopaba nas inmediacións da caixa rexistradora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta