Segue baixando a participación nas oposicións da Xunta para 119 prazas de persoal subalterno: só un 42,5 % este domingo

Algo máis de 5.000 opositores realizaron estas probas, dun total de 12.444 que estaban convocados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2023 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Máis de 5.000 opositores participaron este domingo nos exames da Xunta para cubrir 119 prazas de persoal subalterno da Administración autonómica.

Segundo informou este domingo a Consellería de Facenda e Administración Pública, para estas oposicións estaban convocados 12.444 aspirantes, dos cales se presentaron 5.286, o que supón unha participación do 42,5 %.

Ademais, un operativo formado por preto de 280 persoas controlou durante o fin de semana que todos os procesos selectivos se puideran desenvolver "de maneira correcta e con total seguridade".

O recinto conta cunha ambulancia, facilitada pola Administración galega, para atender calquera incidencia que puidese producirse durante a realización das probas.

Recinto de Silleda cheo
Recinto de Silleda cheo | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta