O Festival do Mundo Celta de Ortigueira deixará unha pegada de oito días con concertos gratuítos e máis actividades

Corenta e cinco grupos de distintas nacionalidades encherán de son as rúas e a ría de Ortigueira durante unha semana que espera a afluencia de 80.000 persoas.

Por Galicia Confidencial | Ortigueira | 11/07/2023 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

O Festival do Mundo Celta de Ortigueira arrincou este domingo 9 de xullo e até o 16 do mesmo mes. A organización do Festival espera unha afluencia que pode superar as 80.000 persoas para gozar coa música celta e con todas as actividades programadas para estes días.

Ambiente Festival Ortigueira
Ambiente Festival Ortigueira | Fonte: organización

O acto inaugural abriuno o novo alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, quen deu a benvida, presentación e agradecementos autoridades e patrocinadores. Calvín quixo agradecer a súa asistencia aos representantes institucionais, comezando polo novo director xeral de Turismo de Galicia Xosé Manuel Merelles e tamén aos alcaldes e edís das localidades veciñas que tiveron a amabilidade de achegarse a nos acompañar neste acto.

Calvín tamén gradeceu aos medios de comunicación acreditados, “que serven de altofalante desde Ortigueira para todo o mundo o e, por suposto, aos patrocinadores públicos como a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e ao INAEM, así como aos privados, Abanca, Gadis e Estrella Galicia, moitas grazas polo voso apoio”, así como a todos os profesionais da comunicación que dan cobertura ao festival.

Destacou que “hoxe é un día moi especial para min, é o meu primeiro Festival como alcalde e aínda que estou como quen di recén aterrizado, din todo de min desde o día da toma de posesión para que o que é sen dúbida, o evento máis senlleiro dos que se celebran na nosa vila, saia o mellor posible.

Agradeceu tamén o esforzo de toda a corporación saínte, así como de todo o persoal do Concello, que traballou en colaborar para chegar ao día de hoxe con todo listo. Pero sen dúbida o esforzo máis grande faino a vila de Ortigueira, “é grazas a vós polo que o Festival segue vivo 45 anos despois. Neste éxito sen dúbida teñen un papel protagonista estes homes, mulleres, rapazas e rapaces que tedes ante vós”. Entre os mencionados estaba a Escola de Gaitas, “fundadora e motor deste evento que comeza hoxe. Pido para eles o máis forte dos aplausos”.

O presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira, Bruno Lozano, destacou que “hai 45 anos a Escola de Gaitas de Ortigueira organizaba o primeiro Festival de Ortigueira. Como presidente da gran familia que somos a Escola síntome moi orgulloso de poder seguir facendo o camiño que empezaron aqueles tolos de Garrote, Fuco e compañía, que foron quen de organizar en Ortigueira un evento coma este. Con poucos medios e pouco apoio, pero cun gran equipo de persoas implicado e con ganas de poñer a Ortigueira no mapa e convertila nun referente para a música celta”.

O deputado de Cultura na Deputación da Coruña, Xurxo Couto, destacou a importancia de que todas as institucións se xunten e fagan forza para que o festival se coñeza de forma internacional. Puxo en valor o recoñecemento internacional do evento, e o potente cartel que combina artistas galegos e internacionais. Sinalou que a Deputación non ten dúbida en axudar a promocionar ano tras ano para que se coñeza aínda máis e desexou que todo o mundo poida pasar alguna vez por este festival. Convidou a desfrutar do festival e da preciosa vila de Ortigueira.

O novo director xeral de Turismo, Xose Manuel Merelles, estreou o seu cargo destacando que se considera unha persoa afortunada por estar neste acto na súa primeira semana no cargo. Para Merelles “o festival de Ortiguera é o festival dos festivais”, o máis auténtico e máis galego de todos os que se celebran no noso territorio”. Por parte de Turismo de Galicia deu especialmente as grazas ao alcalde e á Escola de gaitas de Ortigueira.

Para poñer a nota musical, Xalo, o presentador do acto deu paso a Estefanía Bustabad e Luís García, que interpretaron o tema “A bicos” de Xabier Díaz. De seguido, foi a quenda do asturiano Illan Escaldada, coa peza “Agora non”, unha nana de Federico García Lorca. A continuación, Ricardo Mouriño e Rubén Gómez - (gaita e guitarra) interpretaron os temas “A Laranxeira e a Muiñeira de Vilanova” e Fausto Escrígas e Pablo Vergara - (whistle e bodrhan) interpretaron os temas “The Donegal Lass” e “Take a message to Julie”.

Xa a partires das 22:00 h, SondeSeu abriu esta edición  seguido da banda de folk escocesa Talisk, que comezou o seu concerto ás 23:15 h para pechar a xornada inaugural. O luns continúa o festival na rúa ás 19:00 h coa Banda de Gaitas de Ladrido, seguido da Charanga Alxibeira, e pola noite, os aragoneses Muro Kvartet, e os asturianos Alienda e Guieldu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta