Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2023 | Actualizada ás 16:30
Os encoros galegos contan 2.601 hectómetros cúbicos, o que supón 40 hectómetros cúbicos menos que hai unha semana, segundo datos ofrecidos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Deste xeito, as reservas baixan ao 70,03% do total da súa capacidade, unha perda de algo máis dun punto respecto ao 71,1% que representaba a semana anterior.
En concreto, os encoros de Miño-Sil quedan no 69,6% da súa capacidade, con 2.108 hectómetros cúbicos (22 menos que a pasada semana). Esta cifra é moi superior á mesma época en 2022 (1.605), pero por baixo da media da última década (2.206).
Pola súa banda, os de Galicia Costa, ao 72,1%, contan con 493 hectómetros cúbicos (18 menos que fai sete días). Está por encima dos 461 de hai un ano, aínda que por baixo dos 546 dos últimos 10 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.