Noriega deixará de ser alcalde de Teo durante a campaña

O candidato de Compostela Aberta destinará o seu salario dos 15 días de campaña a actividades veciñais. O tenente de Alcalde, candidato de ANOVA, substituirao ao fronte do Concello.

Por Galicia Confidencial | Teo | 11/04/2015 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

O alcalde de Teo delegará o seu cargo durante a campaña electoral, na que concurrirá como candidato á alcaldía de Santiago. Nesas dúas semanas -entre o 8 e o 25 de maio- Martiño Noriega cederá as responsabilidades ao tenente de alcalde, Rafael Sisto.

Martiño Noriega en Teo
Martiño Noriega en Teo | Fonte: concellodeteo

Sisto é o candidato de Sondeteo, a marca de ANOVA para este municipio que se presentou esta semana. Noriega encabeza na capital a lista de Compostela Aberta, a 'marea' na que colabora ANOVA, EU, militantes de Podemos e outras formacións. 

Con este movemento Noriega responde as críticas da oposición. En particular, da súa antiga formación, o  BNG, que pediu reiteradamente que renunciara ao seu salario -uns 2.200 euros ao mes- por ser alcaldábel noutro municipio.

O PSdeG, que só ten un concelleiro en Teo, reclamou directamente a súa dimisión e acusou ao número dous de ANOVA de usar Teo como plataforma de lanzamento para Santiago, e Compostela como eventual plataforma dun salto a unha candidatura á Xunta.

Na resolución asinada onte, Noriega acorda que o seu salario durante esas dúas semanas sexa destinado a "actividades de dinamización veciñal". O político nacionalista pode revogar en calquera intre esta decisión, pois así llo permite a Lei que regula o funcionamento dos concellos. 

Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña
Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

11 nacionalismo ou miseria

o manicomioAGEro as quenllas!!! - votar -vieiras significa PP non poder!!!! - https://www.youtube.com/watch?v=aiY...

10 pepe lago

Se eu fose do BNG estaría preocupado diante da tirria que lle tedes a un "próximo". Tanto odio senta mal, dá dor de cabeza. Tentade ser algo máis alegres. E, se non queredes vivir mellor, deixade polo menos de dar a varila. Que aburridos sodes!!!

9 Mintira

O titular é tan falso como a foto na que aínda ten algo de pelo. Non deixará de ser alcalde.

8 Mintira

O titular é tan falso como a foto na que aínda ten algo de pelo. Non deixará de ser alcalde.

7 Comunista

Os trolls a soldo do BnG cada día máis histéricos. Cando chegue a campaña xa van colapasar de desesperación. Van ser unhas risas. #nonhailiberacionsparatodos

1 Rayleigh

Pois non...non hai liberación para todos. Iso descubrirano dentro de mes e medio, o 70-80 % dos que roubaron as actas ó BNG hai 3 anos. Ou os de PCE-IU que cren que van pegar o campanazo e tampouco van pillar tanto cacho coma crían. En Teo? Teñen 9 tra.dores. Veremos cantos quedan. Pero bueno...unha das cousas importantes é que Mariano Abalo volva a recuncar e chegue a 30 anos de concelleiro e poida seguir así "renovando" en Cangas e botarlle unha man ó PP sempre que o necesite. A verdade é que é un pouco frustrante ver a cantidade de xente que quere pillar cacho nunha especie de canibalismo. Confío nestas eleccións que sirvan como purificación do nacionalismo e a esquerda e descubran unha das verdades absolutas do proceso electoral: os tweets e os posts en foros, non serven coma votos. Por certo trol comunista, eres Alfonso Rueda, non si?

2 Comunista

"Roubar actas", "traidores", "purificación", "verdades absolutas"... nas sectas endogámicas como o BnG empregades un vocabulario afectado por un milenarismo iluminado tan cutre que vos credes o centro do universo. E a realidade é que non sodes ninguén por moito que transformarades "o nacionalismo" nunha relixión. Así é que vos frustrades e que vos seguiredes a frustrar no futuro ante unha realidade teimuda. Dades tanta mágoa...

3 Rayleigh

Si..Roubar actas. Chamaselle cando te apropias de algo, que consegues dentro DUN COLECTIVO. O mesmo que fixo Carmen La Roja. Acordaste? Por que a expulsou IU-PCE entón? Non teño problemas en que a xente cambie de opinión. PEro se ocupas un cargo, grazas o traballo dun COLECTIVO e non te gusta, deixa o posto OS SEGUINTES QUE TAMÉN SE PRESENTARON. Verdades absolutas? Aínda me acordo dos de Converxencia XXI que tiñan tomada esta páxina..Onde están agora? E si..Os tweets e os "gústame" non son votos como descubriron hai pouco PODEMOS Andalucía. Verdade absoluta. Relixión? Entendo coma relixión o que está a pasar co Mesías PIT e os seus profetas os cales non se lles pode criticar, baixo pena de ser "casta". Purificación? Estou canso de salvapatrias que só queren a súa leiriña onde lles digan o guapos, listos e importantes que son, falando dunha "unidade" na que non cren e permiten como, por exemplo, que o PP con 150 mil votos menos, conseguira 3 escanos máis.