Noriega deixará de ser alcalde de Teo durante a campaña

O candidato de Compostela Aberta destinará o seu salario dos 15 días de campaña a actividades veciñais. O tenente de Alcalde, candidato de ANOVA, substituirao ao fronte do Concello.

Por Galicia Confidencial | Teo | 11/04/2015 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

O alcalde de Teo delegará o seu cargo durante a campaña electoral, na que concurrirá como candidato á alcaldía de Santiago. Nesas dúas semanas -entre o 8 e o 25 de maio- Martiño Noriega cederá as responsabilidades ao tenente de alcalde, Rafael Sisto.

Martiño Noriega en Teo
Martiño Noriega en Teo | Fonte: concellodeteo

Sisto é o candidato de Sondeteo, a marca de ANOVA para este municipio que se presentou esta semana. Noriega encabeza na capital a lista de Compostela Aberta, a 'marea' na que colabora ANOVA, EU, militantes de Podemos e outras formacións. 

Con este movemento Noriega responde as críticas da oposición. En particular, da súa antiga formación, o  BNG, que pediu reiteradamente que renunciara ao seu salario -uns 2.200 euros ao mes- por ser alcaldábel noutro municipio.

O PSdeG, que só ten un concelleiro en Teo, reclamou directamente a súa dimisión e acusou ao número dous de ANOVA de usar Teo como plataforma de lanzamento para Santiago, e Compostela como eventual plataforma dun salto a unha candidatura á Xunta.

Na resolución asinada onte, Noriega acorda que o seu salario durante esas dúas semanas sexa destinado a "actividades de dinamización veciñal". O político nacionalista pode revogar en calquera intre esta decisión, pois así llo permite a Lei que regula o funcionamento dos concellos. 

Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña
Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

6 catherine mohr

imos ver vai dar o seu salario mensual para actividades de dinamización cultural ¿? juas-juas, asi chaman agora a acampaña electoral do AGE$ EN SANTIAJO, isto vai ser como en madriles pretenden enganar o pobo decindo que son os podemos, menuda vergonza o de hoxe nos madriles coa marca gañemos feita para enganar masivamente a desesperación é moita FARSANTES! o de ourense do AGE$ sin a nova que quedou afundida foi de cento cincuenta votantes na plataforma agista-izquiero unidista, pasaron de 1.500 votantes a 150 votantes, e andan presumindo como drogados polos resultados, votar a esta chusma de age, de merendiño, de podreiros, E UNHA GARANTIA DE REPRESIÓN CONTRA OS GALEGOS E OS TRABALLADORES!!!! esta banda nos garantiza o desastre e o ascenso da extrema dereita - citatans e pepeiros, isto e unha mostra mais da nova politica a candidatura do merendas? e puro dereitismo e pura corruPPtela

5 as actas transfuga do carallo

TRANSFUGA! merendiño devolve o acta ... oportunista miserable, monicreque do vello -vieiras, lacaio do AGE$ do expañolismo, A SUA MISERIA INTELECTUAL E REMOTAMENTE COMPARABLE CO SEU PATROCINIO - MADRID.- Al final la marca Ganemos no estará junto a las siglas de Izquierda Unida en Madrid. El acuerdo de ayer por el que IU Comunidad de Madrid utilizaría la marca para presentar la candidatura IU-Los Verdes-Ganemos ha quedado descartado después de que la Ejecutiva de la federación madrileña se reuniera esta mañana de urgencia tras la polémica que ha levantado esta operación. En un comunicado, IU-CM asegura que "toma la decisión de concurrir a las elecciones en la Comunidad y la ciudad de Madrid con la denominación IU-Los Verdes" aunque "respetará los diferentes procesos de convergencia municipales en los cuales lleva trabajando desde hace tiempo en la Comunidad de Madrid". SON LOBOS CON PIEL DE PODEMOS

4 Rayleigh

A ver se o entendo...o candidato de COMPOSTELA ABERTA, vaille deixar o posto o candidato de SONDETEO. E ambos militan en ANOVA. Por suposto antes estaban en AGE. Anteriormente en EI, NPC, BNG...E isto non rematará aquí! Pero isto que é? Por que se esconden desta maneira? Por que non se presentan coma ANOVA? Esto, alguén lle parece serio? E agora virán os trols de cabeceira para dicir que estou exaxerando ou mentindo...

3 Peido de rata

Tomar acordos sen xustificar o máis mínimo os motivos é-che unha nova cultura de carallo.

2 Carrie Mathison

O máis interesante é o seu decálogo de medidas de rexeneración democrática: https://twitter.com/composcarrie/st...