Noriega deixará de ser alcalde de Teo durante a campaña

O candidato de Compostela Aberta destinará o seu salario dos 15 días de campaña a actividades veciñais. O tenente de Alcalde, candidato de ANOVA, substituirao ao fronte do Concello.

Por Galicia Confidencial | Teo | 11/04/2015 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

O alcalde de Teo delegará o seu cargo durante a campaña electoral, na que concurrirá como candidato á alcaldía de Santiago. Nesas dúas semanas -entre o 8 e o 25 de maio- Martiño Noriega cederá as responsabilidades ao tenente de alcalde, Rafael Sisto.

Martiño Noriega en Teo
Martiño Noriega en Teo | Fonte: concellodeteo

Sisto é o candidato de Sondeteo, a marca de ANOVA para este municipio que se presentou esta semana. Noriega encabeza na capital a lista de Compostela Aberta, a 'marea' na que colabora ANOVA, EU, militantes de Podemos e outras formacións. 

Con este movemento Noriega responde as críticas da oposición. En particular, da súa antiga formación, o  BNG, que pediu reiteradamente que renunciara ao seu salario -uns 2.200 euros ao mes- por ser alcaldábel noutro municipio.

O PSdeG, que só ten un concelleiro en Teo, reclamou directamente a súa dimisión e acusou ao número dous de ANOVA de usar Teo como plataforma de lanzamento para Santiago, e Compostela como eventual plataforma dun salto a unha candidatura á Xunta.

Na resolución asinada onte, Noriega acorda que o seu salario durante esas dúas semanas sexa destinado a "actividades de dinamización veciñal". O político nacionalista pode revogar en calquera intre esta decisión, pois así llo permite a Lei que regula o funcionamento dos concellos. 

Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña
Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña Resolución do alcalde de Teo pola que deixa o cargo durante a campaña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

1 Teense

Vaya con "el sucesor". ¿Que pasa, que ahora no está dedicado a hacer campaña y cobrando de Teo? Por cierto, mucho criticáis a La Voz y al PP, pero de las meteduras de pata de estos no leo nada en los medios que financia, tipo Plaza Pública, del que fue "patrón". Los nacionalistas sois lo mismo que los popularras, pero mas cínicos.

1 son cínicos, son

e os nacionalistas espanhois sode-los melhores para analisar os problemas da GZ.