Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2023 | Actualizada ás 22:20
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, pediu aos galegos que acudan ás urnas "coa ilusión e a convicción" de que "nada é imposible" e de que Galicia votará por "unha maioría ampla" para Alberto Núñez Feijóo o vindeiro domingo.
Nun acto de campaña en Sanxenxo, o líder dos populares galegos asegurou que o compromiso co ben común é "algo intrínseco" dos galegos e, "por suposto", engadiu, dun Alberto Núñez Feijóo que "non ten máis aspiración que a de volver unir a todos os españois" e que ten na súa xestión "o mellor aval".
Así, Rueda aposta por deixar atrás este "cinco longos anos de 'sanchismo' e de pelexas" e ter un Goberno como o que ofrece o PP, "que mire polo conxunto do territorio, sen favoritismos nin menosprecios, senón con rigor e solvencia".
Para lograr ese cambio, o presidente do PPdeG ve fundamental concentrar o voto no PP e, en concreto, na provincia de Pontevedra sinalou que deben ir "a por o cuarto deputado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.