Jácome dá un paso máis para conseguir suspender o teletraballo

Aprobou unha nova ordenanza municipal cos sindicatos

Por E.P. | OURENSE | 18/07/2023 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Ourense, reunida este martes no salón de plenos e presidida polo rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, acordou --cos votos da maioría dos sindicatos con representación-- a modificación da ordenanza municipal de teletraballo. En concreto a modificación foi aprobada cos votos favorables de CSIF, UXT e CIG, co voto en contra de Comisións Obreiras e coa abstención do SPPME.

O cambio máis destacable introducido ao longo da reunión é que os traballos susceptibles de ser presentados lonxe das dependencias municipais propias serán incluídos na nova relación de postos de traballo. Mentres iso non se produza será a Xunta de Goberno Local a que teña que autorizalos. Coa entrada en vigor da ordenanza quedarán sen vixencia todas as autorizacións de teletraballo concedidas ata o momento fóra daquelas que se determinen na RPT.

Tras ser aprobada pola Mesa de Negociación a modificación da ordenanza deberá ser ratificada pola Xunta de Goberno, aprobada inicialmente polo Pleno e exposta publicamente. Despois do período de alegacións será o pleno quen ditamine a súa aprobación definitiva e a partir de aí aínda faltaría a publicación no Boletín Oficial da Provincia para a súa entrada en vigor.

Así pois, Pérez Jácome dá un paso máis no que xa anunciara o pasado 30 de xuño: a súa intención de comezar un novo mandato no que "se porán en marcha todos os mecanismos" para suspender o teletraballo, cunha modificación da ordenanza municipal para "facela moito máis obxectiva, práctica e funcional".

O alcalde explicaba entón que os motivos para esta decisión baséanse na reorganización do novo mandato, "que require presenza física" do persoal municipal, pero tamén sinalaba que é debida a que "aínda que no últimos catro púxose en marcha o concello, aínda está oxidado e hai un atraso expedientes que non se pode tolerar".

Jácome ademais ese día mostrouse crítico coa forma de actuar dalgúns dos traballadores públicos lamentando que "moitos" "confunden dereitos con privilexios" solicitando o teletraballo os luns e os venres, "é unha tomadura de pelo", dixo no seu día antes de esgrimir que a tendencia "é reducir o traballo en remoto" pondo como exemplo a Xunta de Galicia "onde realmente hai unha redución do teletraballo porque parece que o máis eficaz en todas as organizacións, sexan privadas ou públicas, é a presenza física".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta