As escolas infantís da Xunta despiden o curso coa entrega de fotos e orlas para o alumnado e as súas familias

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2023 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, despediu este venres o curso nas escolas infantís da Xunta desde as instalacións da Guarda, en Pontevedra, coa entrega de fotos e orlas para o alumnado e as súas familias.

O titular do Goberno galego, que visitou a escola infantil acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, agradeceu o labor dos profesionais docentes e a confianza das familias usuarias no servizo. Así mesmo, segundo trasladou a administración autonómica, Rueda destacou que as escolas infantís da Xunta, gratuítas para todos os nenos de 0 a 3 anos en todos os centros da comunidade, axudaron a conciliar este ano a máis de 31.000 familias.

Este foi o primeiro curso escolar na escola infantil da Guarda despois da súa inauguración en setembro do 2022, un centro que ten capacidade para prestar servizo a 41 usuarios.

Ademais, durante a visita, Alfonso Rueda avanzou a intención de ampliar o número de prazas de educación infantil públicas coa apertura o próximo mes de setembro da nova escola infantil da Cidade da Xustiza de Vigo, que disporá doutras tantas 41 prazas.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visita unha escola infantil na Guarda
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visita unha escola infantil na Guarda | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta