A volta dos controis terrestres en Portugal pola visita do Papa comeza sen grandes atascos na fronteira con Galicia

Portugal iniciou este sábado os controis de documentación nas fronteiras con motivo da Xornada Mundial da Mocidade en Lisboa, que se celebrará durante a primeira semana de agosto e á que se espera que acudan máis dun millón de persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2023 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Portugal iniciou este sábado os controis de documentación nas fronteiras terrestres con motivo da visita do Papa pola Xornada Mundial da Mocidade en Lisboa, que se celebrará durante a primeira semana de agosto e á que se espera que acudan máis dun millón de persoas, e que durante este primeiro día non deixaron atascos destacados na fronteira con Galicia.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, á primeira hora da mañá si se detectaron algunhas retencións, especialmente no paso que une Tui e Valença do Minho, pero ao longo do día fóronse disipando ata chegar a unha circulación fluída.

Así, segundo explicou o Goberno portugués, "dada a complexidade do evento e a necesidade de garantir a seguridade interna", ve necesario proceder á reintroducción dos controis de documentación nas fronteiras terrestres.

Por iso, solicitarase o DNI ou Pasaporte nun total de 21 puntos (tamén a menores de idade) desde este sábado e ata o próximo día 7 de agosto.

Tal e como detallou o Servizo de Estrangeiros e Fronteiras, os controis estableceranse nas seguintes vías que unen Galicia e o país luso: Vila Verde da Raia-Chaves, saída da A-52, unión coa A-24, quilómetro 0; Monção, Avenida da Galiza, quilómetro 15,300, EN-101; Melgaço, lugar do Peso, quilómetro 19,800, EN-202; Montalegre, Sendim-Montalegre, liña fronteiriza quilómetro 0, EN-103-9; Tourém, Ponto de Fronteira, n.º 101, EM-513; Vinhais, Moimenta-Manzalvos, unión entre Moimenta coa OU-311; Ponte a Barca, Fronteira da Madalena, EN 304-1, quilómetro 9, Lindoso; Valença-Viana do Castelo, saída da ponte Tuy-Valença-unión IP-1/A-3, en Valença; Vila Nova de Cerveira, quilómetro 104,500, EN-13.

Papa Francisco
Papa Francisco

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O control das multitudes estase a converter na disculpa perfecta para transitar do Estado de Dereito cara ao Estado Autoritario (basta ver a deriva de tolos que leva Francia) ~ As Redes Sociais e esa manía da "viralidade" están ao fondo dunha percepción distorsionada da "realidade" ¿Como é posible que se poñan controis en fronteira por un millón de visitantes? Ou os datos que están recollendo os Hoteis por durmir unha noite en España e que afectan a menores (?) E logo falamos do control da China ? Pois aquí ímolo facendo con lápiz e bolígrafo pero pasiño a pasiño o mundo non é o que era... A votar !!!